Ir o contido principal

Do 10 de marzo ao 17 de xuño do 2026 - 11:00h LecturArte Club de lectura. Primavera 2026

A Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña presenta unha nova edición de LecturArte, o club de lectura organizado desde o museo.

LecturArte é un lugar de encontro para lectores/as curiosos/as sobre o tema da arte, a través da lectura e comentario de novelas ambientadas no mundo da arte, que teñen como protagonistas a artistas ou que presentan cuestións interesantes relacionadas co tema.

Grupo Mañá: Martes, 10 marzo, 14 abril, 12 maio, 9 xuño de 2026, de 11:00 a 13:00 horas 

Grupo Tarde: Mércores, 18 marzo, 22 abril, 20 maio, 17 xuño de  2026, de 18:00 a 20:00 horas 

Para a inscrición e máis información, nesta ligazón do Museo.