Museos de Galicia

Museo do Castro de Viladonga

O museo

O conxunto arqueolóxico e museístico de Viladonga ocupa todo o cumio dun monte desde o que se domina un amplo panorama sobre a Terra Chá lucense e as serras de Monciro e de Pradairo e a de Meira. Está situado no concello de Castro de Rei, provincia de Lugo, a 23 km ao nordeste da capital lucense.

A importancia arqueolóxica e o interese histórico do Castro de Viladonga púxose de relevo a raíz das escavacións iniciadas en 1971, tanto pola monumentalidade e diversidade das estruturas descubertas como pola cantidade e calidade dos materiais aparecidos. O xacemento é un exemplo de asentamento destacado, sobre todo entre os séculos II e V d.C., moi importante para o coñecemento, estudio e comprensión do mundo castrexo trala conquista romana. No castro continúan de forma periódica os traballos arqueolóxicos tanto de escavación como de limpeza e consolidación.

O Museo do Castro de Viladonga abriuse ó publico en novembro de 1986. Dedícase á interpretación e explicación do xacemento e á custodia e exposición dos materiais procedentes das sucesivas escavacións. Está situado entre as dúas últimas murallas do lado sueste do Castro, moi preto da súa croa.

O museo é de titularidade estatal e xestionado pola Xunta de Galicia.

Información do museo en formato PDF

Galería

  • Vista da croa do castro de Viladonga

    Vista da croa do castro de Viladonga

  • Aplique con cara humana

    Aplique con cara humana

  • Oliña de cerámica

    Oliña de cerámica

  • Vista da croa do Castro de Viladonga

    Vista da croa do Castro de Viladonga

  • Vista do castro e o museo

    Vista do castro e o museo

  • Acceso ao castro

    Acceso ao castro

  • Bocado de freo ou pasarrendas de cabalo. Época romana

    Bocado de freo ou pasarrendas de cabalo. Época romana

  • Vista do castro

    Vista do castro