Ir o contido principal

Accesibilidade

Conformidade a estándares e accesibilidade desta web

Política de accesibilidade

A Xunta de Galicia procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e navegadores web empregados para tal fin e accesibles para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

A política de accesibilidade aplicada pola Xunta de Galicia está aliñada coas esixencias do Real Decreto 1494/2007, de 12 de novembro, que aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.

Alcance

O alcance desta declaración de conformidade de accesibilidade é o de todas as páxinas do portal web Museos de Galicia (museos.xunta.es) que manteñan a mesma cabeceira e pé de páxina que a portada do portal.

Cumprimento de estándares

As páxinas deste sitio web cumpren a marca AA segundo a Norma UNE 139803:2012 e as Directrices de Accesibilidade para a Contido Web 2.0 (WCAG 2.0) pola Iniciativa de Accesibilidade Web (WAI) do World Wide Web Consortium (W3C). Todos os requisitos do Nivel A e do Nivel AA foron comprobados e corrixidos mediante unha análise semi-automático da accesibilidade a través de diferentes ferramentas.

Para a correcta visualización do portal gráfico é necesario poder executar Javascript.

Recoméndase utilizar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox, Chrome, Internet Explorer etc.

Data de última revisión

A última revisión sobre o nivel de accesibilidade deste portal foi realizada con data do 12/02/2014.

 

Uso das características de accesibilidade

O acceso ás características de accesibilidade varía entre os navegadores máis utilizados. Nesta sección descríbense os métodos concretos para sacar o maior partido ás facilidades que proporciona cada un deles.

Teclas de acceso rápido

O acceso ás ligazóns que teñen unha tecla de acceso rápido definida realízase pulsando distintas combinacións de teclas segundo o navegador:
Google Chrome: pulse a un tempo a tecla Alt e a tecla de acceso rápido.
Mozilla Firefox: pulse a un tempo as teclas Shift (a empregada para escribir letras maiúsculas unha a unha) e Alt, e a a tecla de acceso rápido.
Microsoft Internet Explorer: pulse a un tempo a tecla Alt e a tecla de acceso rápido e a continuación Retorno Enter.

Neste portal web están dispoñibles as teclas de acceso rápido:
0: Portada
1: Museos
2: Exposicións
3: Actividades
4: Novas
5: Profesionais

Tamaño dos textos

As páxinas da web de Museos de Galicia especifican o tamaño dos textos de forma relativa, é dicir, permiten que os navegadores aumenten ou diminúan o tamaño dos textos segundo as preferencias do usuario, e sen crear problemas de visualización.

Pode controlar o tamaño dos textos no seu navegador da seguinte maneira:
Google Chrome: A través do menú ”Ver” > ”Acercar/Alejar” ou empregando a combinación de teclas Ctrl "+" ou Ctrl "-", segundo se queira aumentar ou diminuír o tamaño do texto, respectivamente. Pulsando Ctrl "0" restablece o texto ao tamaño normal.
Mozilla Firefox:  a través do menú ”Ver” > ”Tamaño” ou empregando a combinación de teclas Ctrl "+" ou Ctrl "-", segundo se queira aumentar ou diminuír o tamaño do texto, respectivamente. Pulsando Ctrl "0" restablece o texto ao tamaño normal.
Microsoft Internet Explorer: a través do menú ”Ver” > ”Tamaño do texto” ou empregando a combinación de teclas Ctrl "+" ou Ctrl "-", segundo se queira aumentar ou diminuír o tamaño do texto, respectivamente. Pulsando Ctrl "0" restablece o texto ao tamaño normal.

Navegación

Para facilitar a navegación e identificación do portal, todas as páxinas do portal web manteñen compoñentes comúns como a cabeceira e pé de páxina.

A cabeceira contén principalmente ligazóns a:
Páxina de inicio
Museos
Exposicións
Actividades
Novas
Profesionais
Versións idiomáticas do portal (Galego e Castelán)

O pé contén principalmente ligazóns a:
Oficina de Rexistro e Información
Suxestións e queixas
Aviso legal
Atendémolo/a
Accesibilidade

Contacto

A Xunta de Galicia, na súa procura de mellorar de xeito continuado a accesibilidade deste portal, convida a que a cidadanía notifique as dificultades coas que se puido atopar ademais de calquera outra suxestión sobre a accesibilidade que estime a través do servizo de atención e contacto Atendémolo/a.