Museo do Castro de Viladonga

O museo

Como chegar

Chégase a el desde o km 70 da estrada N-640, que une Lugo con Asturias. Conta cun espazo de aparcadoiro para vehículos e unha pequena área de lecer.

Accesibilidade

As instalacións do museo están adaptadas para a circulación de persoas con mobilidade reducida. 

Visitas guiadas

Realízase orientación e traballo didáctico con visitas escolares ou con grupos específicos.  

Normas de acceso

As visitas en grupo convén solicitalas con antelación, tendo en conta a conveniencia de facer subgrupos (preferentemente non superiores a 35/40 persoas), polo espazo dispoñible e para facilitar o aproveitamento didáctico da visita.

Está permitido fotografar e filmar sen trípode e sen flash, para uso particular e cubrindo un formulario de solicitude.