Museos de Galicia

Museo do Castro de Viladonga

O museo

Tenda

Posibilidade de mercar publicacións, material de difusión e reproducións. En colaboración coa Asociación de Amigos do Castro de Viladonga.

Auditorio

Sala de actos de usos múltiples, empregada habitualmente para a proxección de audiovisuais, para conferencias e para exposicións temporais.

Biblioteca

Biblioteca auxiliar de uso semipúblico, especializada en Arqueoloxía, Historia Antiga e Patrimonio Cultural así como en temas galegos. Adscrita á Rede de Bibliotecas de Galicia. 

Consulte o catálogo da biblioteca

Reproducións fotográficas

Para a obtención de imaxes de fondos do museo, ben por medios fotográficos ou audiovisuais, con fins académicos, de investigación, de difusión e para publicacións, o servizo está dispoñible baixo expresa autorización da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, mediante a solicitude de reprodución de fotografías ou a solicitude de reproducións audiovisuais que facilita o propio centro.

Outros servizos

  • Realización de eventos corporativos
  • Trípticos da exposición permanente dispoñibles en tres idiomas (galego, castelán e inglés)