Miradas etnográficas 2023: Quen somos e de onde vimos?
Miradas etnográficas 2023: Quen somos e de onde vimos? Cine no Museo Etnolóxico os sábados e domingos de novembro
Este 2023 vaise levar a cabo a décimo primeira edición deste ciclo de cinema: Miradas Etnográficas, todo un clásico xa nas actividades do Etnolóxico.
Cada ano, no tempo de outono, e coa colaboración loxística do Cineclube Padre Feijoo de Ourense, búscase contribuír á difusión das producións de contido etnográfico ou sociolóxico, con especial atención ao documental galego. Proxectaranse catro filmes, baixo o denominador común de, na época da intelixencia artificial, ofrecer unha reflexión sobre o dilema de Quen somos e de onde vimos.
Este é o programa: