Ir o contido principal

7 de marzo - 10:00h III Xornada sobre as alternativas ao uso do petróleo en aplicacións agrícolas

O MUVICLA (Colección Museográfica Viva e Integrada do Campo e a Locomoción Agraria) en Trasliste (Láncara - Lugo) celebra a terceira xornada sobre alternativas ao uso do petróleo en aplicacións agrícolas. Os contidos son variados e con distintos enfoques, pero centrados na eficiencia do uso da enerxía como fonte esencial para deteriorar menos o planeta. Para asistir prégase confirmación por correo electrónico, whatsapp ou teléfono. Estará dispoñible tamén un enlace zoom para poder asistir telemáticamente.

muvicla@muvicla.org

619389069 (Marcos) / 649292208 (María)