Ir o contido principal

Entrada de balde

Museo en familia

Museo en familia Diversas actividades dentro dunha programación diversa e integradora con especial atención ás crianzas e as súas familias

Un ano máis o Museo abre unha vía máis lúdica entre o Museo e a cidadanía a través de obradoiros, concertos, lecturas e teatro. Durante os meses de setembro a decembro o MDPS pon en marcha a sexta edición do programa ‘Museo en Familia’. Unha programación diversa e integradora que busca converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención aos nenos e nenas e á súa contorna familiar.

Arte segreda

Arte segreda Obradoiros en familia

Como todos os anos, o Museo organiza obradoiros para levar a cabo en familia. Nesta convocatoria céntranse no Barroco, que, polas súas características (gran realismo, abundancia de temática relixiosa, forte contraste entre luces e sombras que lle confire unha certa tenebrosidade...) non adoita ser un dos movementos artísticos elixidos para achegar a arte aos nenos e ás nenas.

IX Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro

FUNPROMAR (Museo ANFACO de la industria conserveira), xunto coa fundación FUNDAMAR convocan ás “IX Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro”, que terán lugar o luns 31 de outubro ás 11:00h no Edificio Redeiras (Rúa da Ribeira do Berbés, 11) Vigo, no marco de actuación da marca SEREAS, e que conta co apoio do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra.

Alfonso Medela Trío

Alfonso Medela Trío Celebración do día internacional da música

O Museo Etnolóxico de Ribadavia ofrece este concerto de Alfonso Medela -Trío.

O concerto terá lugar o venres 27 de outubro ás 8 da tarde.

A entrada será de balde ata completar aforo.

Día das bibliotecas no Museo Etnolóxico de Ribadavia

Día das bibliotecas no Museo Etnolóxico de Ribadavia Celebración do día das bibliotecas

Para celebrar o Día das Bibliotecas, as portas da biblioteca do Museo Etnolóxico de Ribadavia ábrense dun xeito especial esta semana: reforzando fíos, seguindo o lema deste ano “Tecendo Comunidades”.  Poderedes formar parte de visitas guiadas á biblioteca que permitirán coñecela dunha maneira máis próxima, achegándose a documentos singulares, etc..

Ademais a biblioteca do museo participará na mesa redonda “Bibliotecas do Ribeiro”.

Arte decorativa ucraína

Arte decorativa ucraína Obradoiro impartido polo persoal do Museo Nacional de Artes Decorativas de Kiev

O equipo do Museo Nacional de Arte Decorativa de Ucraína Національний музей українського народного декоративного мистецтва, realizará unha visita á vila de Ribadavia e ao Museo Etnolóxico logo da relación desenvolvida entre ambas institucións baixo o nome "O poder dos Museos"

Arte decorativa ucraína

Arte decorativa ucraína Obradoiro impartido polo persoal do Museo Nacional de Artes Decorativas de Kiev

O equipo do Museo Nacional de Arte Decorativa de Ucraína Національний музей українського народного декоративного мистецтва, realizará unha visita á vila de Ribadavia e ao Museo Etnolóxico logo da relación desenvolvida entre ambas institucións baixo o nome "O poder dos Museos"

Museo en familia

Museo en familia Diversas actividades dentro dunha programación diversa e integradora con especial atención ás crianzas e as súas familias

Un ano máis o Museo abre unha vía máis lúdica entre o Museo e a cidadanía a través de obradoiros, concertos, lecturas e teatro. Durante os meses de setembro a decembro o MDPS pon en marcha a sexta edición do programa ‘Museo en Familia’. Unha programación diversa e integradora que busca converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención aos nenos e nenas e á súa contorna familiar.

Museo en familia

Museo en familia Diversas actividades dentro dunha programación diversa e integradora con especial atención ás crianzas e as súas familias

Un ano máis o Museo abre unha vía máis lúdica entre o Museo e a cidadanía a través de obradoiros, concertos, lecturas e teatro. Durante os meses de setembro a decembro o MDPS pon en marcha a sexta edición do programa ‘Museo en Familia’. Unha programación diversa e integradora que busca converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención aos nenos e nenas e á súa contorna familiar.

Subscribirse a Entrada de balde