Ir o contido principal

9 de marzo - 12:00h Voces peregrinas. Un canto al camino en femenino Presentación do libro "Voces peregrinas. Un canto al camino en femenino"

Con motivo da celebración do Día internacional da Muller, o Museo das Peregrinacións e de Santiago convida a participar na presentación do libro “Voces Peregrinas, un canto al camino en femenino” que publica a Asociación Jacobea de Almería-Granada Camino Mozárabe, realizado coa participación de 66 mulleres peregrinas procedentes dos 5 continentes que fixeron o Camiño de Santiago ou estiveron presentes na súa condición de hospitaleiras voluntarias durante 2023.

Este libro contou co financiamento da Xunta de Galicia a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

Organizado por APECSA (Asociación de Xornalistas e Estudiosos do Camiño de Santiago), intervirán:

- Luis Celeiro Álvarez, vicepresidente da Asociación de Xornalistas e Estudiosos do Camiño de Santiago (APECSA) e Académico Numerario da Academia Xacobea.

- Elisa Expósito Torres, ilustradora e deseñadora do libro.

- Mercedes Murillo Pravia, presidenta da Asociación Jacobea de Almería-Granada Camino Mozárabe.