Ir o contido principal

8 de febreiro - 19:30h La expedición filantrópica de la vacuna (1803-1812). El cenit de la España ilustrada Conferencia impartida por Pedro Perales

O Museo Histórico Militar da Coruña organiza a conferencia "A expedición filantrópica da vacina (1803-1812). O cenit da España ilustrada", que terá lugar o 8 de febreiro, ás 19.30 horas, nas instalacións do Museo Histórico Militar da Coruña.

A conferencia será impartida polo capitán de fragata retirado Pedro Perales. Poñerase en valor o traballo do médico español Francisco Javier Balmis, cirurxián militar e médico persoal do rei Carlos IV, quen presentou ao soberano o seu proxecto para estender a vacinación, sobre todo de nenos, polas posesións da coroa en todo o mundo -a coñecida como "Real Expedición Filantrópica da Vacina"-. O seu entusiasmo levoulle a encabezar a que pode considerarse como a primeira misión humanitaria da historia, que entre 1803 e 1806 levou a vacina das vexigas ata América e Asia, continuando posteriormente a rama suramericana ata 1812.

A entrada é gratuíta ata completar o aforo.