Ir o contido principal

Do 1 de marzo ao 31 de marzo do 2024 - 10:00h Con A de astrónomas Conmemoración do día da muller 8 de marzo

Co motivo da celebración do Dia Internacional da Muller o próximo 8 de marzo, o Museo Massó oferta como novidade na súa programación para centros de ensino o obradoiro Con A de astrónomas, no que se aborda a aportación de diferentes mulleres astrónomas que foran esquecidas. Dende Hipatia de Alexandría no século IV ata o século XIX co grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard as cales fixeron grandes descubrimentos que cambiarían o rumbo da astronomía.

Este Obradoiro didáctico está dirixido a escolares entre 4 e 12 anos.

Podes facer xa a reserva:

Teléfono: 886 151 103

Correo electrónico: museo.masso@xunta.gal.