Ir o contido principal

14 de marzo - 19:00h Charla sobre María Wonenburguer Conmemoración do 8 de marzo, día da Muller

Con motivo do Día Internacional da Muller, o xoves 14 de marzo ás 7 da tarde, volven as “Charlas no Etnolóxico”.

Ana Tarrío, catedrática de Matemática Aplicada da UDC e autora do libro “María Wonenburguer. La atrevida matemática a la que nuestro país dio dos veces la espalda”, falará no museo da extraordinaria vida e obra da recoñecida alxebrista.

Día: xoves 14 de marzo

Hora: 7 da tarde

Lugar: Museo Etnolóxico. Ribadavia

Entrada de balde ata completar capacidade