Galego | Castellano | English
É o espazo do respecto. O seu uso non era diario, como o do comedor, senón que viña determinado pola presenza de visitantes na casa ou pola celebración dalgún día notable.
Mobiliario e obxectos de decoración
Na Casa Museo Valle-Inclán podemos atopar unha mostra de mobiliario tradicional galego, que reflicte o modo de vivir da época.
No despacho recréase un mundo novelesco cun xogo de escribanía, onde Valle puido darlle uso a ese tinteiro.
Neste espazo da casa conxugan literatura, economía e ocio.
Cómpre salientar unha colección de pipas que reflicten a calidade e orixinalidade da ebanistería típica da época.
Unha das xoias da casa museo é a súa colección de reloxos do S.XIX: reloxos españois de estilo francés, reloxos de estilo romántico, reloxo Moretz de parede, reloxos con guarnición…
Se nos fixamos na marxe dereita do salón principal; atopámonos cun pequeno recuncho, que foi moi importante tamén na historia e na infancia de Valle-Inclán.
Neste recuncho vemos a “fiadora”; sentábase Valle-Inclán de neno ollando pola fiestra, mentres Micaela (a criada) lle contaba historias de trasnos, pantasmas, aparecidos etc. ao pequeno Ramón, á vez que fiaba.
Tenía mi abuela una doncella muy vieja que se llamaba MIcaela la Galana. Murió siendo yo todavia muy niño. Recuerdo que pasaba las horas hilando en el hueco de una ventana y que sabía muchas historias de santos, de almas en pena, de duendes y de ladrones. Ahora yo cuento las que ella me contaba, mientras sus dedos arrugados daban vueltas al huso. Aquellas historias de un misterio candoroso y trágico, me asustaron de noche durante los años de mi infancia y por eso no las he olvidado. De tiempo en tiempo todavia se levantan en mi memoria, y como si un viento silencioso y frío pasase sobre ellas, tienen el largo murmuro de las hojas secas. ¡El murmullo de un viejo jardín abandonado!
Jardín umbrío.
Máis información
Os espazos do museo:
Benvido/a á Casa Museo Valle-Inclán