Ir o contido principal

Pazo do Cuadrante. Casa Museo Valle-Inclán. Vilanova de Arousa

Galego | Castellano | English

 

O Pazo do Cuadrante, actualmente Casa Museo Valle-Inclán, foi declarado monumento histórico-artístico de carácter nacional polo Real Decreto 249/1976 do 9 de xaneiro (BOE, 17 de febreiro), debido a que no cuarto principal da casa naceu o neno Ramón José Simón del Valle Peña o  28 de outubro de 1866, posteriormente D. Ramón del Valle-Inclán.

A propiedade formou parte dos bens desgaxados do priorado beneditino de Vilanova, para pasar co tempo á propiedade de Francisco de la Peña Cardecid e Josefa Montenegro y Saco Bolaño, avós maternos do escritor.

Tras sufrir un incendio en 1994, que destruíu o interior, o edificio adquiriuno o Concello de Vilanova de Arousa, no ano 1996, para o rehabilitar. Actualmente  alberga a Casa Museo Valle-Inclán, inaugurada o 25 de maio do 2002.

 

HORARIO, TARIFAS E CONTACTO

Horario de inverno:

10:00-14:00 / 16:30-19:30

Horario de verán:

10:00–14:00 / 17:30–21:30

Tarifas:

Xeral: 3,00 €

Reducida: 1,50 € (de 12 a 18 anos, maiores de 65 e pensionistas) e grupos visita guiada Casa Museo (superior a 12 persoas)

Grupos: 2,40 € visita guiada Casa Museo e Ruta Valleinclaniana (superior 25 persoas)

Gratuíta: menores de 12 anos, residentes en Vilanova e peregrinos.

Contacto:

Casa Museo Valle-Inclán

Rúa Luces de Bohemia, s/n

36620 Vilanova de Arousa

Teléfono: 986-555493

www.museocuadrante.com

museos@vilanovadearousa.com

 

Máis información

O museo

Os espazos do museo:

Benvido/a á Casa Museo Valle-Inclán

Recepción e sala de exposicións

O patín e a solaina. O xardín

O salón

Os cuartos. O comedor

A cociña