Galego | Castellano | English
Cuartos
O Pazo do Cuadrante pertenceu sempre á familia materna de D. Ramón e, cando a familia Valle Peña deixou de residir en Vilanova e a “Casa do Cantillo”, a dos seus pais, se vendeu, Valle-Inclán seguía acudindo á vila e aloxándose neste pazo, onde vivían os seus primos, os cales conservaban para el un cuarto, “la habitación de Ramón”.
Os cuartos eran os lugares privados, de intimidade, onde tamén había espazo para a espiritualidade e a oración. Por iso nos encontramos cunha variedade de crucifixos en talla, pinturas de exvotos, retratos da Sta. Faz e da Virxe, todo isto datado do S.XIX.
O aseo persoal diario realizábase tamén aquí: as xerras, as bacías e o lavabo Art-decó dan conta disto. Son todo un avance para a época, onde a comodidade e a funcionalidade son premisas que se empezan a intuír.
Os cuartos e alcobas son a parte máis flexible da casa galega. O seu número modificábase con moita facilidade, de acordo coas necesidades familiares de cada época; é dicir, que bastaba tabicar unha estancia, se aumentaba o número de fillos.
O comedor
Era o espazo onde se realizaban as comidas diarias: almorzo, xantar e cea.
Pero aquí non hai unha mestura de clases sociais: os criados servíanlles as comidas aos señores e retirábanse, para posteriormente comer na cociña.
A vida habitual dos señores desenvolvíase neste espazo de transición, o dos cuartos. Un espazo aberto, de paso, onde prima máis a comodidade e a funcionalidade ca o enfeitamento.
Neste espazo, hoxe podemos gozar dun pequeno fragmento dunha película dos anos 20, La malcasada, cedida pola Filmoteca Nacional Española, na que aparece Valle-Inclán no estudio de Julio Romero de Torres.
Ao remate do fragmento da película, podemos escoitar tamén a propia voz do escritor. Trátase dunha gravación para o Archivo de la Palabra; onde Valle-Inclán narra entre outros un fragmento da Sonata de Otoño.
Máis información
Os espazos do museo:
Benvido/a á Casa Museo Valle-Inclán