Galego | Castellano | English
A parte máis orixinal da casa é a cociña. Tras o incendio sufrido en 1994, perdeuse case a totalidade da casa, aínda que esta parte, como consecuencia de ser practicamente todo de pedra, puido conservarse.
Está composta por unha lareira, que é o lugar onde se facía o lume.
A lareira está coroada por unha campá ou cambota, que remata en cheminea de cantaría, cun sistema interno de drenaxe que evita a entrada da auga nos días de choiva.
O lugar da pía estaba debaixo dunha fiestra. É de pedra, cun desaugadoiro exterior, toda unha innovación para a época. As despensas eran abertas, aproveitando os ocos do muro.
Na cociña cómese, descánsase, rézase, cóntanse contos e é o lugar de coincidencia dos distintos estratos sociais que conviven na casa (señores e criados).
Máis información
Os espazos do museo:
Benvido/a á Casa Museo Valle-Inclán