Ir o contido principal

Benvido/a á Casa Museo Valle-Inclán

Galego | Castellano | English

 

O Pazo do Cuadrante, actualmente Casa Museo Valle-Inclán, consta dunha superficie de 468 m2 divididos en dúas plantas, situada nunha parcela de 1460 m2.

No seu libro El pasajero fala do seu nacemento de forma fabulosa, no poema “Rosa del Pecado”:

¡El gato que rungla!¡La puerta que cruje!

¡La gotera glo-glo-glo!

¡Solos en casa! A la puerta ruge

La bestia abortada cuando nací yo.

¡La noche de Octubre! Dicen que de luna,

Con un viento recio y saltos de mar:

Bajo sus estrellas se alzó mi fortuna,

Mar y vientos recios me vieron llegar.

A propiedade formou parte dos bens desgaxados do priorado beneditino de Vilanova e pasou despois á propiedade de Francisco de la Peña Cardecid e Josefa Montenegro y Saco Bolaño, avós maternos do escritor.

O Pazo é un edificio de arquitectura tradicional de tipoloxía pacega ou de “casa grande urbana”. A carón da porta principal atopamos o escudo familiar, cos brasóns dos Peña, dos Valle e dos Patriño. Este ornamento da fachada, contruída en granito do país, descóbrenos elementos de procedencia culta e nobre, ainda que tamén populares. A planta ten forma de “L” e consta de dúas alturas; a planta baixa estaba ocupada polas cortes onde albergaban os animais, almacéns e bodega, mentres que na planta principal, destinada a vivenda, conta cun acceso independente dende o exterior, a través do patín e a solaina.

O Pazo do Cuadrante foi declarado monumento histórico-artísitco de carácter nacional polo Real Decreto 249/1976, do 9 de xaneiro (BOE, 17 de febreiro) como Casa Natal de Ramón José Simón Valle Peña, posteriormente Ramón del Valle Inclán.

Tras sufrir un incendio no ano 1994 que destruíu o seu  interior, foi adquirida polo Concello de Vilanova de Arousa e rehabilitada para albergar a casa museo, inaugurada en maio do 2002.

 

Máis información

O museo

Os espazos do museo:

Pazo do Cuadrante

Recepción e sala de exposicións

O patín e a solaina. O xardín

O salón

Os cuartos. O comedor

A cociña