Ir o contido principal

Recepción e sala de exposicións

Galego | Castellano | English

 

Encontrámonos na planta baixa, onde se situaban as cortes nas que acollían os animais, a adega e os almacéns, nos que gardaban os aparellos propios dunha casa rural. Hoxe está destinada a dependencias administrativas, recepción e sala de exposicións.

Siendo un bebé, todavia en brazos de la niñera, me encantaba que me bajarán a los establos, a tocar el textuz de las vacas. Aún tengo viva la impresión que me producían sus ojos húmedos, enormes. En cuanto fui un poco mayor me apliqué a realizar un hecho que a mí entonces me parecía épico: pasar por debajo de las caballerías y las vacas, entre sus patas…

Publicado en El Heraldo de Madrid, 1926.

Neste espazo da recepción exhíbense varias pezas escultóricas de Lucas Míguez, artista do Salnés, inspiradas no ronsel de creacións valleinclanianas.

Na sala de exposicións presétanse de forma divulgativa a orixe da familia Valle-Inclán, dende a súa formación en Vilanova de Arousa no século XVIII, a partir do primeiro, D. Francisco del Valle-Inclán Santos, ata o máis prestixioso, D. Ramón del Valle-Inclán, e sinálanse os principais feitos familiares e biográficos ata os comezos do século XX.

Ademais podemos atopar diferentes vitrinas, que conteñen desde as primeiras edicións de distintas obras do escritor, xunto con elementos que teñen que ver con el -estatuíñas, premios…- ata fondos documentais relacionados coa familia Valle-Inclán.

 

Máis información

O museo

Os espazos do museo:

Pazo do Cuadrante

Benvido/a á Casa Museo Valle-Inclán

O patín e a solaina. O xardín

O salón

Os cuartos. O comedor

A cociña