Ir o contido principal

O patín e a solaina. O xardín

Galego | Castellano | English

 

O patín e a solaina

O acceso á vivenda, que se encontra na primeira planta do Cuadrante, realízase a través dunhas escaleiras exteriores, situadas na fachada principal (patín), e na parte posterior (solaina), onde se encontran a horta e o xardín.

A solaina neste tipo de casas tiña diversas funcións: secar a roupa, as espigas e as fabas, tarefas do fogar -que xeralmente realizaban as mulleres- etc. O patín, ou corredor cuberto, cumpría, xunto ca solaina, unha función social ademais da utilitaria; aquí, tiñan lugar conversas en tempos outonais e gozábase dos baños de sol durante o estío. E aquí os paisanos agardaban polos señores da casa para concertar os seus tratos.

A presenza da súa avoa é constante en moitas das súas obras: Conto de Milón de Arnoya, recollido no seu libro Jardín umbrío:

Los mozos en lo alto de los carros, renovaban los brincos y los atrurujos, pisando la uva. Pero de pronto cesó la fiesta. Mi abuela acababa de asomar en el patín, arrastrando su pierna gotosa y apoyada en el brazo de Micaela la Galana. Era Doña Dolores Saco, mi abuela materna, una señora caritativa y orgullosa, alta, seca y muy antigua…

 

O xardín

É este un espazo natural característico do pazo, recreado polo escritor en varias ficcións literarias de ámbito galego. En especial, en textos con recordos da infancia e evocacións temperás, como ‘Rosarito’, outro dos contos de Jardín umbrío:

Del fondo oscuro del jardín, donde los grillos daban serenata, llegaban murmullos y aromas. El ventecillo gentil que los traía estremecía los arbustos, sin despertar los pájaros que dormían en ellos. A veces, el follaje se abría susurrando y penetraba el blanco rayo de la luna, que se quebraba en algún asiento de piedra, oculto hasta entonces en sombras clandestinas.

Entre as árbores destaquemos un grupo de vellas camelias (Camellia xaponica e Camellia sasanqua “Cleopatra”), entre outras.

Medran á sombra dun xigantesco e centenario magnolio (Magnolia grandiflora), o tesouro natural da vila de Vilanova de Arousa, presente como brasón no escudo do concello.

 

Máis información

O museo

Os espazos do museo:

Pazo do Cuadrante

Benvido/a á Casa Museo Valle-Inclán

Recepción e sala de exposicións

O salón

Os cuartos. O comedor

A cociña