Ir o contido principal

Inscrición previa

Singraduras didácticas no Chasula

Singraduras didácticas no Chasula Viaxe pola Ría a bordo dun pesqueiro

As singraduras realízanse no barco pesqueiro de madeira denominado Chasula e teñen un carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante do museo unha experiencia real que lle permita tomar contacto directo co medio no que se desenvolve a actividade pesqueira.

Os horarios son os seguintes:

Xoves 22 de xullo: ás 10:00, 12:00 e 16:30 h.

Xoves 5 de agosto: ás 10:00, 12:00 e 16:30 h.

Venres 6 de agosto: ás 10:00, 12:00 e 16:30 h. 

Singraduras didácticas no Ave de Paso

Singraduras didácticas no Ave de Paso Viaxe pola Ría a bordo dun barco de vela

Durante os meses de verán o Museo Massó oferta a posibilidade de navegar pola ría nunha embarcación propulsada a vela.

Trátase dun obradoiro práctico nunha embarcación tradicional para difundir os coñecementos e técnicas asociados a navegación a vela pola ría e sensibilizar sobre a importancia de conservar a cultura mariñeira.

É necesaria a inscrición previa e a súa confirmación 24 h. antes da saída, e terán preferencia as persoas que non participaran previamente, admitíndose como máximo 4 persoas por inscrición.

Obradoiros de verán: o canto das baleas

Obradoiros de verán: o canto das baleas Obradoiro para aproximar á xente máis pequena ao respecto polo mar

O Museo leva a cabo un completo programa educativo destinado especialmente aos nenos e nenas e que á súa relación co Museo e o medio que o rodea xurda de xeito natural, e non podía ser menos nesta época de verán.

Neste caso, proponse un obradoiro didáctico con recursos audiovisuais centrado nas baleas dende o punto de vista da súa tipoloxía e das súas características como mamíferos mariños.

Actividade dirixida a nenas e nenos de 4 a 6 anos.

Obradoiros de verán: MassoMakion. Catro propostas de tangram sobre deseños das latas Massó

Obradoiros de verán: MassoMakion. Catro propostas de tangram sobre deseños das latas Massó O quebracabezas máis antigo

O Museo leva a cabo un completo programa educativo destinado especialmente aos nenos e nenas e que á súa relación co Museo e o medio que o rodea xurda de xeito natural, e non podía ser menos nesta época de verán.

O MassoMakion é unha versión do quebracabezas máis antigo que coñecemos, o Stomakion que foi ideado no século III antes da nosa Era por Arquímedes de Siracusa.

No MassoMakion proponse un xogo a partir dos deseños das latas da empresa Massó e as formas xeométricas. Pódense construír ata catro deseños diferentes coas pezas do tangram.

Singraduras didácticas no Chasula

Singraduras didácticas no Chasula Viaxe pola Ría a bordo dun pesqueiro

As singraduras realízanse no barco pesqueiro de madeira denominado Chasula e teñen un carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante do museo unha experiencia real que lle permita tomar contacto directo co medio no que se desenvolve a actividade pesqueira.

Os horarios son os seguintes:

Xoves 22 de xullo: ás 10:00, 12:00 e 16:30 h.

É necesaria a inscrición previa e a súa confirmación 24 h. antes da saída.

Os menores deberán de ir acompañados, e recoméndase levar calzado apropiado.

Duración: 1 h e 30 minutos aprox.

Atando cabos. Nós mariñeiros

Atando cabos. Nós mariñeiros Obradoiro práctico para aprender a facer os nós mariñeiros nunha actividade en familia organizada no Museo Massó.

Dirixido a nenas e nenos de oito a doce anos (acompañados), trátase dun obradoiro práctico de aprendizaxe de cinco nós mariñeiros básicos: Cote, As de Guía, Chan, Oito  e Ballestrinque.

Explicarase a súa orixe e aplicación, e elaborarase un pequeno cadro de nós. 

O obradoiro terá aproximadamente hora e media de duración.

O que o mar non quere

O que o mar non quere Un xogo para que os máis cativos vexan o mar dun xeito diferente e o respecten

Dentro das funcións principais do museo está a organización periódica de actividades científicas e divulgativas para a promoción e difusión entre todo tipo de públicos. En relación coa educación, o Museo leva a cabo un completo programa educativo destinado especialmente aos nenos e nenas e que á súa relación co Museo e o medio que o rodea xurda de xeito natural.

Neste obradoiro, os participantes aprenderán a que as cousas inservibles non poden ir ao mar. 

Dirixido a nen@s de entre 5 a 9 anos

Duración 1 hora

Singraduras didácticas no Ave de Paso

Singraduras didácticas no Ave de Paso Viaxe pola Ría a bordo dun barco de vela

Durante os meses de verán o Museo Massó oferta a posibilidade de navegar pola ría nunha embarcación propulsada a vela.

Trátase dun obradoiro práctico nunha embarcación tradicional para difundir os coñecementos e técnicas asociados a navegación a vela pola ría e sensibilizar sobre a importancia de conservar a cultura mariñeira.

É necesaria a inscrición previa e a súa confirmación 24 h. antes da saída, e terán preferencia as persoas que non participaran previamente, admitíndose como máximo 4 persoas por inscrición.

Visitas guiadas

Visitas guiadas Visitas guiadas polo Museo Massó

Destinado a grupos infantís e xuvenís, asociacións e outras entidades ou axencias.

CONDICIÓNS: reserva previa e un mínimo de 10 participantes.

INSCRICIÓN: no teléfono 886 151 101 entre as 10.00- 21.00 h de luns a venres ou a través do correo electrónico museo.masso@xunta.gal. Precisamos que nos indiquen o nome do grupo e o obradoiro escollido; o día e a hora que lles interesa, o número de participantes (tamén as idades no caso de ser escolares) e un nome e teléfono móbil de contacto. 

Subscribirse a Inscrición previa