30 de xullo - 12:00h Atando cabos. Nós mariñeiros Obradoiro práctico para aprender a facer os nós mariñeiros nunha actividade en familia organizada no Museo Massó.
Dirixido a nenas e nenos de oito a doce anos (acompañados), trátase dun obradoiro práctico de aprendizaxe de cinco nós mariñeiros básicos: Cote, As de Guía, Chan, Oito e Ballestrinque.
Explicarase a súa orixe e aplicación, e elaborarase un pequeno cadro de nós.
O obradoiro terá aproximadamente hora e media de duración.
A inscrición e gratuíta e deberá realizarse chamando ao teléfono 886 151 101 ou a través do correo museo.masso@xunta.gal, enviando un nome e un teléfono de contacto.