Ir o contido principal

Inscrición previa

Os temas da arte: Tirando do fío

Os temas da arte: Tirando do fío Segunda parte deste curso dedicado a Arte e a moda, nesta ocasión a través da moda decimonónica

O Museo inicia no primeiro semestre do ano unha nova edición do ciclo anual "Os temas da arte". Xa iniciado con anterioridade, baixo o título Tirando do fío (2ª parte),  atende á evolución dos valores da vestimenta mediante exemplos de obra plástica relevante de cada período; neste ano coa intención de abordar os cambios históricos substanciais e a consecuente evolución dos traxes en Occidente da época decimonónica.

Se a miña avoa tivese rodas...

Se a miña avoa tivese rodas... Obradoiro de paste up para público infantil

Obradoiro dirixido polos ilustradores Michel Casado e Sofía Venzel para aproximarse ás dificultades coas que se atoparon as mulleres que, a comezos do pasado século, querían estudar. O suxestivo título serve para presentar as restriccións que tiveron as mulleres para o acceso aos estudos superiores, e qué tería pasado se as avoas tiveran ido ás universidades. Mediante a técnica do paste up, empregada na arte urbana, as nenas e nenos poderán imaxinar e dar forma a unha vida alternativa para elas.

Vindeiros eclipses de Sol e Lúa visibles desde Galicia

Vindeiros eclipses de Sol e Lúa visibles desde Galicia

En 2025 haberá dous eclipses totais de Lúa e un parcial de Sol visibles dende Galicia. Daremos indicacións sobre a visibilidade e as técnicas para observar estes fenómenos.

Ademais falaremos das eclipses de Sol que se producirán na península ibérica nos anos que veñen, que farán da península un dos lugares do mundo máis axeitados para disfrutar deles.

Mulleres nas ciencias naturais

Mulleres nas ciencias naturais

Obxectivos

  • Coñeceremos a contribución ás ciencias naturais de distintas mulleres dos últimos 400 anos.
  • Relacionaremos os seus achados coas exposicións do museo.
  • Comprenderemos o por que dun día da muller traballadora.
  • Realizaremos as nosas pequenas aportacións á ciencia.

Metodoloxía

Descubrimento a través de actividades e xogos

Responsable

Sabela Pérez Castro

Idade

De 9 a 14 anos

Tamaño dos grupos

Ao son dun cantar

Ao son dun cantar Concurso de Fotografía

XII convocatoria do Concurso de Fotografía convocado polo Museo Liste de Vigo co gallo da celebración do Día Internacional dos Museos (18 de maio). O concurso pretende fomentar o coñecemento e a creatividade a través da práctica da fotografía co fin de destacar variados aspectos históricos, artísticos, etnográficos e antropolóxicos.

Obxectos con sete vidas

Obxectos con sete vidas Obradoiro para público infantil

Con motivo da celebración do Día Mundial da Educación Ambiental afondaremos na importancia da reutilización e as súas múltiples posibilidades.

A través dalgunhas das pezas do museo poderemos achegarnos máis a este concepto de forma clara e divertida para a cativada para despois realizar un taller no que demos unha nova vida a algún material presente no noso día a día.

Día Internacional da Música

Día Internacional da Música Concerto para conmemorar a celebración internacional do Día da Música

Festexando o Día Internacional da Música, a cantora galega Rosa Leiro e o pianista arxentino-galego Juan Carlos Cambas presentan no Museo Etnolóxico o seu último disco: “Camiño aberto: Canto libre de Galicia & Latinoamérica”, un espectáculo íntimo baseado na voz e o piano, cun repertorio que inclúe grandes autores e compositores galegos e latinoamericanos, e obras inéditas que ven a luz por primeira vez neste proxecto, con temáticas profundas e reflexivas que transportan a diferentes lugares e momentos.

A entrada é de balde ata completar capacidade.

Actividades de inverno

Actividades de inverno

O museo de Pontevedra presenta esta semana a programación de inverno, para os meses de decembro, xaneiro e febreiro. Haberá obradoiros para público infantil e familiar e para persoas adultas, espectáculos, concertos, proxeccións, conferencias... Nas datas de nadal o museo ofrece actividades pensadas para toda a familia, e o 7 de xaneiro arrancan os actos do Ano Castelao, coincidindo co 75 cabodano do intelectual galeguista.

Subscribirse a Inscrición previa