Ir o contido principal

Do 10 de decembro do 2024 ao 28 de febreiro do 2025 - 10:00h Actividades de inverno

O museo de Pontevedra presenta esta semana a programación de inverno, para os meses de decembro, xaneiro e febreiro. Haberá obradoiros para público infantil e familiar e para persoas adultas, espectáculos, concertos, proxeccións, conferencias... Nas datas de nadal o museo ofrece actividades pensadas para toda a familia, e o 7 de xaneiro arrancan os actos do Ano Castelao, coincidindo co 75 cabodano do intelectual galeguista. O Museo custodia unha parte fundamental da súa obra artística, polo que esta conmemoración é moi importante.