21 de decembro - 19:00h Día Internacional da Música Concerto para conmemorar a celebración internacional do Día da Música
Festexando o Día Internacional da Música, a cantora galega Rosa Leiro e o pianista arxentino-galego Juan Carlos Cambas presentan no Museo Etnolóxico o seu último disco: “Camiño aberto: Canto libre de Galicia & Latinoamérica”, un espectáculo íntimo baseado na voz e o piano, cun repertorio que inclúe grandes autores e compositores galegos e latinoamericanos, e obras inéditas que ven a luz por primeira vez neste proxecto, con temáticas profundas e reflexivas que transportan a diferentes lugares e momentos.
A entrada é de balde ata completar capacidade.