Ir o contido principal

Inscrición previa

O apalpador e a nena sen medo

O apalpador e a nena sen medo Contacontos con monicreques

A Xanela do Maxín

Contacontos con monicreques

O Apalpador trae cada ano desde o Courel castañas, presentes e aquilo que non temos. Por iso a nena sen medo lle escribiu unha carta moi especial, pedíndolle o que a ela lle faltaba, o seu desexo: palabras para encher o corazón e coas que poder voar en soños...

Familias con nenas/os (recomendado de 3 a 9 anos)

Actividade gratuíta

Reserva previa a través da web do museo:

Xoguetes e recreación de xogos populares

Xoguetes e recreación de xogos populares Obradoiro familiar no Museo do Castro de Viladonga

Ábrese o prazo de inscrición deste novo obradoiro en Viladonga, nesta ocasión para traballar sobre os xoguetes e os xogos populares tradicionais.

Data: sábado, 14 de decembro

Horario: de 11:30 a 13:30h.

Obradoiro dirixido por Manolo García e Kiko Darriba (XOTRAMU).

Inscricións no teléfono: 982 870 160

Obradoiro de co-creación

Obradoiro de co-creación Xornada técnica Oper8 e reunión do Laboratorio vivo Good

Na sede da Colección Museográfica Viva e Integrada do Campo e a Locomoción Agraria (MUVICLA), en Láncara, vaise celebrar a 1ª Reunión Laboratorio Vivo Good e o 3° Taller Oper 8, organizado desde a USC, unha iniciativa máis dentro da traxectoria deste centro museístico en relación co coidado da terra e do medio no que vivimos.

O programa é o seguinte:

16:00 h: Saída de Lugo (parada autobuses, Sindicatos Ronda da Muralla ou Escola Politécnica Superior) a Muvicla, Láncara

16:30 h: Benvida a MUVICLA

Con ollos de científic@

Con ollos de científic@ Obradoiro infantil (de 6 a 10 anos)

Actividade na que a cativada poderá descubrir, a través da realización de sinxelos experimentos e xogos, os principios científicos nos que se basea o funcionamento dunha das pezas que forman parte da colección do museo: a máquina de Winmshurst, unha máquina electrostática capaz de producir electricidade de alto voltaxe.

Venres 22 de novembro de 17:30 a 18:30

Nenas/os de 6 a 10 anos

Actividade gratuíta

O téxtil na antigüidade

O téxtil na antigüidade Obradoiro no Castro de Viladonga

Ábrese o prazo de inscrición deste novo obradoiro en Viladonga, nesta ocasión para traballar sobre as técnicas téxtiles.

Haberá dúas quendas, unha pola mañá, de 10:00 h. a 14:00 h. e outra pola tarde de 16:00 h. a  20:00 h.

Visitas guiadas

Visitas guiadas Sala de escultura do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense ofrece diversas modalidades de visitas guiadas á súa Sala de escultura. Todas elas son gratuítas. Terán unha duración aproximada de 50 minutos. 

- As visitas poden ser individuais ou en familia. Non se precisa reserva.

todos os xoves ás 11:00 e ás 13:00

- Visitas guiadas para colectivos e centros educativos. É necesaria a reserva.

todos os martes, mércores e venres entre as 10:00 e ás 13:00 (a última visita ás 13:00 remata ás 13:50)

Inscricións:

teléfono: 988 788 439

Subscribirse a Inscrición previa