Ir o contido principal

28 de novembro - 16:00h Obradoiro de co-creación Xornada técnica Oper8 e reunión do Laboratorio vivo Good

Na sede da Colección Museográfica Viva e Integrada do Campo e a Locomoción Agraria (MUVICLA), en Láncara, vaise celebrar a 1ª Reunión Laboratorio Vivo Good e o 3° Taller Oper 8, organizado desde a USC, unha iniciativa máis dentro da traxectoria deste centro museístico en relación co coidado da terra e do medio no que vivimos.

O programa é o seguinte:

16:00 h: Saída de Lugo (parada autobuses, Sindicatos Ronda da Muralla ou Escola Politécnica Superior) a Muvicla, Láncara

16:30 h: Benvida a MUVICLA

16.30-18.00 h: Visita á finca e ás instalacións do MUVICLA

18:00-19:00 h: Presentación dos procectos, discusión, conclusións e preguntas

19:00 h. Degustación de productos da zona

A inscripción é gratuita na seguinte ligazón.