Ir o contido principal

Entrada de balde

Conferencia: Vida de músico na Galiza medieval

Conferencia: Vida de músico na Galiza medieval Celebración do 70 aniversario do museo 1951-2021

Conferencia impartida por Francisco Luengo, músico y luthier.

A música sempre foi un elemento destacado nos ámbitos da peregrinación e da relixiosidade; os músicos, os compositores, os instrumentos, os luthiers, as sonoridades e por iso resulta atractivo documentar o proceso de investigación feito en relación ás réplicas dos instrumentos musicais medievais expostos no Museo.

Necesaria inscrición para actividades no correo reservas.mdperegrinacions@xunta.gal

Obradoiro infantil de xoguetes

Obradoiro infantil de xoguetes Celebración do 70 aniversario do museo 1951-2021

O artesán e luthier Xaneco ofrecerá un obradoiro que dará a posibilidade de elaborar algunhas mostras do noso rico patrimonio cultural: unhas clásicas terrañolas para adultos ou sinxelos xoguetes sonoros para nenos de tódalas idades, a partir de elementos da natureza.

Soportais do Museo

Necesaria inscrición para actividades no correo reservas.mdperegrinacions@xunta.gal

Símbolos xacobeos e imaxes de Santiago. Impresos do barroco compostelán

Símbolos xacobeos e imaxes de Santiago. Impresos do barroco compostelán

A exposición Símbolos xacobeos e imaxes de Santiago. Impresos do barroco compostelán recolle unha selección de gravados composteláns dos séculos. XVII e XVIII, abertos por afamados gravadores locais e foráneos, utilizados polas tipografías composteláns, co denominador común de que apareza os símbolos xacobeos ou a imaxe de Santiago, para atender unha tripla demanda: Universidade (follas de grado), Cabido (compostelas e diferentes documentos relacionados co culto xacobeo), e estampas de finalidade relixiosa destinas a devoción popular.

Itinerario e visita teatralizada

Itinerario e visita teatralizada Actividades de celebración polo 70 aniversario do Museo das Peregrinacións e de Santiago

Visita teatralizada a cargo da compañía TEP, que nos traslada á Compostela dos anos 50, combinando o edificio administrativo da Casa Gótica co expositivo de Praterías, e que terá un fío conductor entre ambos que servirá como espectáculo de rúa que favorecerá a interacción co público.

A visita iniciarase na Casa Gótica (Rúa de San Miguel, 4)

Subscribirse a Entrada de balde