Ir o contido principal

Entrada de balde

Paisaxes sonoras de Ribadavia. Contribución ao mapa sonoro de Galicia

Paisaxes sonoras de Ribadavia. Contribución ao mapa sonoro de Galicia Paisaxes sonoras de Ribadavia. Contribución ao mapa sonoro de Galicia

O profesor Dr. Xosé Ramón Pousa impartirá un obradoiro de son sobre as paisaxes sonoras co obxectivo de que as persoas interesadas colaboren co arquivo sonoro de Galicia gravando co seu teléfono móbil aqueles sons que para cada un deles sexa característico da vila.

Peza do mes: Biface (Trasalba, Amoeiro)

Peza do mes: Biface (Trasalba, Amoeiro) Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos –neste caso, dos arqueolóxicos- para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

A peza protagonista deste mes é un biface de cuarcita de gran fino e de cor rosada, e forma ovalada. Foi recuperado en 1986 fóra de contexto en Chaos de Amoeiro, e depositada no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense coa sinatura CE006295.

Origami mariño

Origami mariño Unha actividade para que os máis cativos vexan diferentes aspectos relacionados co mundo dos museos e o mar dun xeito diferente

Dentro das funcións principais do museo está a organización periódica de actividades científicas e divulgativas para a promoción e difusión entre todo tipo de públicos. En relación coa educación, o Museo leva a cabo un completo programa educativo destinado especialmente aos nenos e que á súa relación co Museo e o medio que o rodea xurda de xeito natural.

Esta actividade intenta, ao través do xogo co origami en papel achegar ao coñecemento do mundo mariño dun xeito orixinal.

Dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos

Singraduras didácticas no Ave de Paso

Singraduras didácticas no Ave de Paso Viaxe pola Ría a bordo dun barco de vela

Durante os meses de verán o Museo Massó oferta a posibilidade de navegar pola ría nunha embarcación propulsada a vela.

Trátase dun obradoiro práctico nunha embarcación tradicional para difundir os coñecementos e técnicas asociados a navegación a vela pola ría e sensibilizar sobre a importancia de conservar a cultura mariñeira.

É necesaria a inscrición previa e a súa confirmación 24 h. antes da saída, e terán preferencia as persoas que non participaran previamente, admitíndose como máximo 4 persoas por inscrición.

Subscribirse a Entrada de balde