Ir o contido principal

Entrada de balde

Xornada sobre as alternativas ao uso do petróleo en aplicacións agrícolas

Xornada sobre as alternativas ao uso do petróleo en aplicacións agrícolas

O día 22 de decembro terá lugar unha xornada na que se aboradará desde MUVICLA (Colección Museográfica Viva e Integrada do Campo e a Locomoción Agraria) o futuro do uso da enerxía que moverá a producción de alimentos no futuro. 

Aforo limitado debido á situación sanitaria.

Daremos acceso por zoom, e pasados uns días poderase ver por youtube. 

https://muvicla

Nadal en papel

Nadal en papel Programación de nadal

Obradoiros nos que a rapazada poderá facer os seus propios adornos de Nadal empregando técnicas como a papiroflexia. Dirixido a nenas e nenos de 7 a 12 anos. 17 de decembro ás 17:30 e 22 de decembro ás 12:00.

As actividades son totalmente gratuítas pero requiren inscrición previa a través do formulario online que se pode atopar na web do museo: https://mupega.edu.xunta.gal/visitas-e-actividades/actividades-e-obradoiros

Peza do mes: Puñal tipo Miraveche-Monte Bernorio. Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé

Peza do mes: Puñal tipo Miraveche-Monte Bernorio. Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos –neste caso, dos arqueolóxicos- para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

A presenza das mulleres na arte. Soledad Penalta, escultora

A presenza das mulleres na arte. Soledad Penalta, escultora As mulleres cen anos despois de Emilia Pardo Bazán. Conversas na Casa-Museo

A escultora Soledad Penalta é a convidada da última sesión do ciclo As mulleres cen anos despois de Emilia Pardo Bazán. Conversas na Casa-Museo, que terá lugar este xoves, 2 de decembro, ás 18:00 horas no salón de actos da Real Academia Galega (rúa Tabernas, 11 - A Coruña).

A entrada é libre. A conversa poderá seguirse tamén en directo dende a canle de Youtube de Cultura da Coruña (https://www.youtube.com/watch?v=coDAswBq3IY).

Con ollos de científic@

Con ollos de científic@ celebración do Mes da Ciencia

Este novembro o MUPEGA súmase á celebración do Mes da Ciencia retomando as actividades infantís.

Así, con motivo de dita celebración, o venres 19 de novembro de 17:30 a 18:30 realizarase o obradoiro “Con ollos de científic@” dirixido a nenos e nenas de 6 a 11 anos. Nesta actividade os rapaces e rapazas poderán descubrir, mediante a experimentación e a construción de pequenos xoguetes ó pticos, como funciona unha das pezas expostas no MUPEGA: o proxector cinematográfico.

XORNADAS Museos e Novas Tecnoloxías

XORNADAS Museos e Novas Tecnoloxías Xuntanzas para público interesado na transformación dixital e as novas tecnoloxías ao servizo do museo

Organizado polo Museo de Belas Artes da Coruña, e durante os días 24 e 25 de novembro de 2021, buscarase levar a cabo unha análise integral da implementación das novas tecnoloxías nos museos, desde dúas perspectivas principais:

Peza do mes: Pedra de toque. Castro de San Cibrao de Las

Peza do mes: Pedra de toque. Castro de San Cibrao de Las Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos –neste caso, dos arqueolóxicos- para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

Neste interesante artigo, ademais, sirve a peza para reivindicar o papel dos técnicos dos museos e sinalar “a necesidade de continuar co traballo cotiá de revisión permanente dos fondos e de investigación sobre os materiais propios, unha das funcións que distingue os museos dos meros espazos expositivos”.

Subscribirse a Entrada de balde