Ir o contido principal

2 de decembro - 18:00h A presenza das mulleres na arte. Soledad Penalta, escultora As mulleres cen anos despois de Emilia Pardo Bazán. Conversas na Casa-Museo

A escultora Soledad Penalta é a convidada da última sesión do ciclo As mulleres cen anos despois de Emilia Pardo Bazán. Conversas na Casa-Museo, que terá lugar este xoves, 2 de decembro, ás 18:00 horas no salón de actos da Real Academia Galega (rúa Tabernas, 11 - A Coruña).

A entrada é libre. A conversa poderá seguirse tamén en directo dende a canle de Youtube de Cultura da Coruña (https://www.youtube.com/watch?v=coDAswBq3IY).

O ciclo As mulleres cen anos despois de Emilia Pardo Bazán. Conversas na Casa-Museo é unha iniciativa do Concello da Coruña e da Real Academia Galega, a través da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, co gallo do centenario do pasamento da escritora coruñesa.