Ir o contido principal

7 de novembro - 18:00h A presenza das mulleres no xornalismo As mulleres cen anos despois de Emilia Pardo Bazán. Conversas na Casa-Museo

Rosa Martínez, primeira directora da Radio Galega, protagoniza este xoves, 7 de outubro, un novo encontro do ciclo As mulleres cen anos despois de Emilia Pardo Bazán. Conversas na Casa-Museo. A que foi a primeira directora da Radio Galega conversará coa tamén xornalista Chus Castro sobre a presenza das mulleres no xornalismo.

O encontro terá lugar no salón de actos da Real Academia Galega (rúa Tabernas, 11 - A Coruña) a partir das 18:00 horas.

A entrada é libre ata completar a capacidade da sala. A conversa poderá seguirse tamén en directo a través da canle de Youtube de Cultura da Coruña.

O ciclo As mulleres cen anos despois de Emilia Pardo Bazán. Conversas na Casa-Museo é unha iniciativa do Concello da Coruña en colaboración coa Real Academia Galega, a través da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, co gallo do centenario do pasamento da escritora.