Ir o contido principal

Público infantil

Unha presada de castañas

Unha presada de castañas Caxoto. Espectáculo de narración oral

Dende o tempo dos Celtas, coa chegada do outono, os nosos antepasados apuraban o remate da tempada de colleitas e as familias preparábanse para as longas e frías noites do inverno. Pero se en Galicia hai unha tradición é que nunca se remata un choio sen celebralo por todo o alto. Nese momento as despensas estaban ateigadas de cereal, mel, viño, carne curada da matanza... e por suposto castañas... Xa temos os ingredientes necesarios para un bo magosto!

Obradoiro de Ex-libris

Obradoiro de Ex-libris Aprender de forma sinxela a técnica da estampación de selos e a personalizar os libros

O obradoiro consiste na realización de pequenos ex-libris (selos ou estampas) para personalizar os libros dos/as participantes. Aprenderán a técnica do gravado sobre goma e a fabricación de tampóns. As persoas participantes coñecerán os ex libris que Antonio Massó deseñou para a biblioteca do Museo e, a partir de aí, elaborarán e estamparán o seu propio selo.

Dirixido a maiores de 8 anos e menores acompañados.

Atrapad@s na rede

Atrapad@s na rede Unha actividade para que as nenas e nenos vexan aspectos relacionados co mundo do mar dun xeito diferente, como é o oficio tradicional de redeira

Dentro das funcións principais do museo está a organización periódica de actividades científicas e divulgativas para a promoción e difusión entre todo tipo de públicos. En relación coa educación, o Museo leva a cabo un completo programa educativo destinado especialmente aos menores e que á súa relación co Museo e o medio que o rodea xurda de xeito natural. Nesta ocasión, trátase de achegar aos rapaces e rapazas ao mundo do mar ao través do oficio tradicional de redeira cun obradoiro práctico para coñecer as técnicas de confección das redes de pesca e os distintos tipos de artes.

Telling stories in the Massó Museum

Telling stories in the Massó Museum Unha forma diferente de practicar idiomas: descubrir o Museo en inglés

No Museo planificouse unha visita-obradoiro en inglés para grupos de nenas e nenos dende seis anos de idade.

Con esta actividade búscase achegar de forma atractiva e interactiva os contidos principais do relato museístico da exposición permanente: a conquista do mar e a explotación dos recursos do mar, a través da industria conserveira e baleeira, e aprendendo o vocabulario específico escrito e oral en inglés con xogos e preguntas.

O obradoiro terá aproximadamente hora e media de duración.

O Nautilus de Lugrís

O Nautilus de Lugrís Obradoiros de verán no Museo Massó

Obradoiro de verán para participantes a partir de 6 anos de idade.

Esta actividade xira ao redor da figura do pintor Urbano Lugrís e a súa vinculación co Museo e a familia Massó.

Proponse un xogo no que se trata de buscar en reproducións de cadros do pintor as pezas da colección do museo nas que se inspirou o artista para formar a súa particular iconografía.

Atando cabos. Nós mariñeiros

Atando cabos. Nós mariñeiros Obradoiro práctico para aprender a facer os nós mariñeiros nunha actividade en familia organizada no Museo Massó

Dirixido a nenas e nenos dende oito anos (e menores acompañados), trátase dun obradoiro práctico de aprendizaxe de cinco nós mariñeiros básicos: Cote, As de Guía, Chan, Oito e Ballestrique.

Explicaranse a súa orixe e aplicación, e cada persoa participante elaborará un chaveiro cun tipo de nó mariñeiro.

O obradoiro terá aproximadamente hora e media de duración.

A inscrición é gratuíta e deberá realizarse chamando ao teléfono 886 151 101 ou a través do correo museo.masso@xunta.gal, enviando un nome e un teléfono de contacto.

Con A de astrónomAs

Con A de astrónomAs Obradoiros de verán no Museo

Obradoiro Con A de astrónomas, no que se aborda a aportación de diferentes mulleres astrónomas que foran esquecidas. Dende Hipatia de Alexandría no século IV ata o século XIX co grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard as cales fixeron grandes descubrimentos que cambiarían o rumbo da astronomía.

Está pensado para nenas e nenos dende seis anos de idade.

A inscrición é gratuíta mediante reserva no teléfono: 886 151 103 ou no correo electrónico: museo.masso@xunta.gal.

Atrapad@s na rede

Atrapad@s na rede Unha actividade para que as nenas e nenos vexan aspectos relacionados co mundo do mar dun xeito diferente, como é o oficio tradicional de redeira

Dentro das funcións principais do museo está a organización periódica de actividades científicas e divulgativas para a promoción e difusión entre todo tipo de públicos. En relación coa educación, o Museo leva a cabo un completo programa educativo destinado especialmente aos menores e que á súa relación co Museo e o medio que o rodea xurda de xeito natural. Nesta ocasión, trátase de achegar aos rapaces e rapazas ao mundo do mar ao través do oficio tradicional de redeira cun obradoiro práctico para coñecer as técnicas de confección das redes de pesca e os distintos tipos de artes.

Subscribirse a Público infantil