Ir o contido principal

Público infantil

Con A de astrónomAs

Con A de astrónomAs Obradoiros de verán no Museo

Obradoiro Con A de astrónomas, no que se aborda a aportación de diferentes mulleres astrónomas que foran esquecidas. Dende Hipatia de Alexandría no século IV ata o século XIX co grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard as cales fixeron grandes descubrimentos que cambiarían o rumbo da astronomía.

Está pensado para nenas e nenos dende seis anos de idade.

A inscrición é gratuíta mediante reserva no teléfono: 886 151 103 ou no correo electrónico: museo.masso@xunta.gal.

Tecnoloxía da prehistoria na Idade do Bronce

Tecnoloxía da prehistoria na Idade do Bronce Obradoiro de arqueoloxía para conmemorar do Día Internacional dos Museos 2024

O Museopresenta a súa programación para celebrar o Día Internacional dos Museos. O tema deste ano, «Museos para a educación e a investigación», pretende subliñar a importancia dos museos como institucións educativas dinámicas que fomentan a aprendizaxe, o descubrimento e a comprensión cultural. 

Bordar en familia

Bordar en familia Conmemoración do Día Internacional dos Museos 2024

O Museo das Peregrinacións e de Santiago presenta a súa programación para celebrar o Día Internacional dos Museos. O tema deste ano, «Museos para a educación e a investigación», pretende subliñar a importancia dos museos como institucións educativas dinámicas que fomentan a aprendizaxe, o descubrimento e a comprensión cultural. 

Tecer recursos

Tecer recursos Conmemoración do Día Internacional dos Museos 2024

Para nenos e nenas de 6 a 10 anos acompañados dun adulto. A partir do lema deste ano, Museos pola educación e a investigación, e tendo en conta que este ano o Día Internacional dos Museos apóiase  no noveno obxectivo de Desenvolvemento Sostible: Industria, Innovación e Infraestrutura (Construír infraestruturas resilientes, promover a industrialización inclusiva e sostible, e fomentar a innovación), o obradoiro centrarase na industrialización a través dos materiais e os obxectos reproducidos nos cadros.

Obradoiro Asorey

Obradoiro Asorey Conmemoración do Día Internacional dos Museos 2024

O Museo das Peregrinacións e de Santiago presenta a súa programación para celebrar o Día Internacional dos Museos. O tema deste ano, «Museos para a educación e a investigación», pretende subliñar a importancia dos museos como institucións educativas dinámicas que fomentan a aprendizaxe, o descubrimento e a comprensión cultural. 

Con A de astrónomAs

Con A de astrónomAs Dentro do III Festival Artístico Solidario "Art for Change"

Obradoiro Con A de astrónomas, no que se aborda a aportación de diferentes mulleres astrónomas que foran esquecidas. Dende Hipatia de Alexandría no século IV ata o século XIX co grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard as cales fixeron grandes descubrimentos que cambiarían o rumbo da astronomía.

Haberá un obradoiro didáctico ás 17:00 h para escolares entre 4 e 18 anos, e outro ás 18:00 h para escolares a partir de 8 anos.

Escola de escribas

Escola de escribas Obradoiro infantil

Como foron os inicios da escritura no mundo? Que civilizacións foron as pioneiras en desenvolver esta prezada ferramenta?

Con motivo do Día do Libro, viaxaremos ata a antiga Mesopotamia para explorar os segredos que agocha esta civilización e reflexionar sobre o sentido e a importancia dela no nacemento da escritura. Así a rapazada terá a oportunidade de converterse por un día en auténticos escribas, recreando e descifrando unha das primeiras formas de escritura coñecidas.

Venres 19 de abril de 2024

17:30 a 18:30

Público infantil de 6 a 11 anos

A orquestra das máscaras

A orquestra das máscaras Obradoiro para público infantil

A música xoga un papel fundamental na maior parte das festas e celebracións vinculadas ao Entroido. Neste obradoiro achegarémonos a eses sons que caracterizan aos principais entroidos tradicionais de Galicia e teremos a oportunidade de fabricar os nosos propios instrumentos.

Dirixido a público infantil de 5 a 8 anos de idade.

Data: Mércores 14 de febreiro

Hora: 12:00 

Factoría de xoguetes

Factoría de xoguetes Obradoiro para público infantil

Como eran os xoguetes cos que xogaban os nosos avós e bisavós? Neste obradoiro coñeceremos varios deses enredos tradicionais. Centrarémonos especialmente nos que construía a propia rapazada e remataremos tentando fabricar algún coas nosas propias mans.

Nenos e nenas de 6 a 11 anos

Data: Venres 26 de xaneiro

Hora: 17:30 a 18:30

Subscribirse a Público infantil