Ir o contido principal

Público infantil

Máis alá dos lenzos

Máis alá dos lenzos Obradoiro en familia para conmemorar o Día Internacional dos Museos

O Museo de Belas Artes da Coruña celebra o Día Internacional dos Museos o vindeiro 18 de maio e a Noite dos Museos o seguinte sábado, 24 de maio cunha programación especial. Ademais, o 24 de maio haberá apertura extraordinaria ata as 23:30 horas.

Os museos son máis que espazos de conservación, son activos partícipes na configuración de comunidades. E, como motores culturais que son, deben xerar espazos e dar respostas, dunha forma sostible e inclusiva, a unha sociedade cada vez máis diversa.

A maleta da mestra

A maleta da mestra Conmemoración do 18 de maio, día dos museos

Espectáculo de narración oral con obxectos e monicreques. Raquel Queizás

Á nova mestra chamábamoslle “pisa pouquiño”, era divertida e agarimosa, non como Dona Clarisa. Chsss! Que agocha a maleta da nova mestra? Que misterio! Abrímola amodiño...

Público familiar (a partir de 3 anos)

Venres 16 de maio. 17:30h

De balde con reserva previa: https://mupega.edu.xunta.gal/visitas-e-actividades/actividades-e-obradoiros



 

Escola de escribas

Escola de escribas Conmemoración do día do libro

Obradoiro infantil

Con motivo do Día do Libro achegarémonos aos inicios da escritura para comprender a importancia desta ferramenta na comunicación e rexistro de información. Coñeceremos e experimentaremos con distintos soportes e utensilios empregados ao longo da historia, centrándonos nesta ocasión no antigo Exipto.

Se a miña avoa tivese rodas...

Se a miña avoa tivese rodas... Obradoiro de paste up para público infantil

Obradoiro dirixido polos ilustradores Michel Casado e Sofía Venzel para aproximarse ás dificultades coas que se atoparon as mulleres que, a comezos do pasado século, querían estudar. O suxestivo título serve para presentar as restriccións que tiveron as mulleres para o acceso aos estudos superiores, e qué tería pasado se as avoas tiveran ido ás universidades. Mediante a técnica do paste up, empregada na arte urbana, as nenas e nenos poderán imaxinar e dar forma a unha vida alternativa para elas.

Mulleres nas ciencias naturais

Mulleres nas ciencias naturais

Obxectivos

  • Coñeceremos a contribución ás ciencias naturais de distintas mulleres dos últimos 400 anos.
  • Relacionaremos os seus achados coas exposicións do museo.
  • Comprenderemos o por que dun día da muller traballadora.
  • Realizaremos as nosas pequenas aportacións á ciencia.

Metodoloxía

Descubrimento a través de actividades e xogos

Responsable

Sabela Pérez Castro

Idade

De 9 a 14 anos

Tamaño dos grupos

Obxectos con sete vidas

Obxectos con sete vidas Obradoiro para público infantil

Con motivo da celebración do Día Mundial da Educación Ambiental afondaremos na importancia da reutilización e as súas múltiples posibilidades.

A través dalgunhas das pezas do museo poderemos achegarnos máis a este concepto de forma clara e divertida para a cativada para despois realizar un taller no que demos unha nova vida a algún material presente no noso día a día.

O apalpador e a nena sen medo

O apalpador e a nena sen medo Contacontos con monicreques

A Xanela do Maxín

Contacontos con monicreques

O Apalpador trae cada ano desde o Courel castañas, presentes e aquilo que non temos. Por iso a nena sen medo lle escribiu unha carta moi especial, pedíndolle o que a ela lle faltaba, o seu desexo: palabras para encher o corazón e coas que poder voar en soños...

Familias con nenas/os (recomendado de 3 a 9 anos)

Actividade gratuíta

Reserva previa a través da web do museo:

Con ollos de científic@

Con ollos de científic@ Obradoiro infantil (de 6 a 10 anos)

Actividade na que a cativada poderá descubrir, a través da realización de sinxelos experimentos e xogos, os principios científicos nos que se basea o funcionamento dunha das pezas que forman parte da colección do museo: a máquina de Winmshurst, unha máquina electrostática capaz de producir electricidade de alto voltaxe.

Venres 22 de novembro de 17:30 a 18:30

Nenas/os de 6 a 10 anos

Actividade gratuíta

Subscribirse a Público infantil