Ir o contido principal

Política sentimental

Política sentimental Celebración do ano de María Casares

O mércores 21 de decembro acolleremos a representación da obra de teatro 'Políticas sentimentales', que recrea un encontro entre María Casares e Albert Camus.

Da man do Centro Dramático Galego e baixo a dirección de Javier Villán, a obra será interpretada polos actores Sabela Hermida e Germán Torres.

Con este último acto péchanse no museo as actividades organizadas pola Xunta de Galicia con motivo da celebración do Ano María Casares.
 

Camiñando pola lenda

Camiñando pola lenda Obradoiros museo en familia

O sábado, 17 de decembro, temos dobre cita con Museo en familia. A estrela da xornada será a lenda da Translatio.



Comezamos pola mañá con Camiñando pola lenda: pequeno obradoiro interactivo, para os máis cativos e cativas da casa, no que profundaremos nesta narración que conta a chegada do Apóstolo ás terras de Santiago.



reservas.mdperegrinacions@xunta.gal

Teléfono: 881 867 401

Sábado, 17 de decembro, de 11:30 ás 13:00

O VIÑO GALEGO NOS GRANDES CONCURSOS INTERNACIONAIS, O XOVES 15 NO MUSEO DO VIÑO DE GALICIA

O VIÑO GALEGO NOS GRANDES CONCURSOS INTERNACIONAIS, O XOVES 15 NO MUSEO DO VIÑO DE GALICIA In vino veritas

O xornalista Paco Gil pechará o ciclo "In vino veritas" do Museo do Viño de Galicia o próximo xoves 15 de decembro ás 18 horas analizando o estado do sector coa súa conferencia "O viños galego nos grandes concursos internacionais". Unha visión panorámica da "década prodixiosa" que viven as adegas galegas desde que a crise de 2008 impulsara a súa presenza nos certames de maior prestixio.

Ademais, a continuación, representantes do IES Ribeiro e IES Vilamarín ofrecerán unha sesión de cata e maridaxes de aceites e viños.

Xoguetes en familia

Xoguetes en familia Actividades de Nadal no Museo do Castro de Viladonga

E SE FACEMOS XOGUETES EN FAMILIA?

Sábado, 17 de decembro ás 12.00h

Guiado por José Manuel García Fernández.

Dirixido a nenos e nenas entre 6 e 12 anos acompañados de 1 ou 2 adultos.

Inscricións no tlf: 982870160

Curiosidades do descoñecido Djibouti

Curiosidades do descoñecido Djibouti Actividades de Nadal no Museo Etnolóxico de Ribadavia

Djibuti é un enclave estratéxico, no que conviven militares de varias potencias e unha poboación da que non se adoita contar nada. David Pena Rodríguez é un xove enxeñeiro que está a traballar neste territorio dende fai uns anos.

Actividade presencial e online.

A Xunta incrementa o apoio aos museos galegos para a actualización e conservación dos seus fondos e mellorar a súa difusión

A Xunta incrementa o apoio aos museos galegos para a actualización e conservación dos seus fondos e mellorar a súa difusión

A Xunta de Galicia vén de lanzar a nova convocatoria da liña de axudas aos centros museísticos, que incrementa o apoio que recibirá cada beneficiario, pasando dos 7.000 aos 10.000 euros. As axudas permiten actualizar os fondos e facilitar as tarefas de conservación, investigación e difusión. Na primeira edición, que se lanzou o ano pasado, xa se beneficiaron unha vintena de centros de toda Galicia.

Subscribirse a