Ir o contido principal

15 de decembro - 18:30h O VIÑO GALEGO NOS GRANDES CONCURSOS INTERNACIONAIS, O XOVES 15 NO MUSEO DO VIÑO DE GALICIA In vino veritas

O xornalista Paco Gil pechará o ciclo "In vino veritas" do Museo do Viño de Galicia o próximo xoves 15 de decembro ás 18 horas analizando o estado do sector coa súa conferencia "O viños galego nos grandes concursos internacionais". Unha visión panorámica da "década prodixiosa" que viven as adegas galegas desde que a crise de 2008 impulsara a súa presenza nos certames de maior prestixio.

Ademais, a continuación, representantes do IES Ribeiro e IES Vilamarín ofrecerán unha sesión de cata e maridaxes de aceites e viños.