17 de decembro - 11:30h Camiñando pola lenda Obradoiros museo en familia

O sábado, 17 de decembro, temos dobre cita con Museo en familia. A estrela da xornada será a lenda da Translatio.
Comezamos pola mañá con Camiñando pola lenda: pequeno obradoiro interactivo, para os máis cativos e cativas da casa, no que profundaremos nesta narración que conta a chegada do Apóstolo ás terras de Santiago.
reservas.mdperegrinacions@xunta.gal
Teléfono: 881 867 401
Sábado, 17 de decembro, de 11:30 ás 13:00