Ir o contido principal

O museo

O museo

A vontade de facer un museo de arte na Coruña xorde a finais do século XIX, aínda que non se creou ata 1922 e non abriu ao público ata 1947. Logo de varias localizacións provisionais, en 1995 inaugurouse no actual edificio de nova planta, obra do arquitecto galego Manuel Gallego Jorreto. Situado no vello solar do convento das Capuchinas, parte do antigo edificio do século XVIII feito por Fernando Casas y Novoa.

O museo expón pezas de pintura, debuxo, escultura, gravado, artes decorativas e arqueoloxía. A súa colección pictórica conserva obras dende o século XVI ata a actualidade e nela están representados importantes artistas galegos como Sotomayor, Colmeiro, Laxeiro ou Seoane, pero tamén creacións de artistas como Arellano, Rubens, Carducho ou Frans Francken. Destacan entre as súas coleccións a de gravados de Goya e a de louza da fábrica de Sargadelos. Nas últimas décadas o programa de adquisicións do museo tratou de completar a visión da arte galega desde o XIX ata os nosos días.

O museo posúe seis salas de exposición permanente distribuídas en tres plantas que acollen a colección de pintura, escultura e artes decorativas. Dúas salas no recuperado convento das capuchinas acollen as coleccións de gravados de Goya e de cerámica de Sargadelos. A sala de exposición temporal de máis de 300m² distribúese en dúas plantas, preparada para acoller obras de arte de formato moi diverso.

O Museo de Belas Artes é de titularidade estatal e xestionado pola Xunta de Galicia.

Información do museo en formato PDF

App SC Museo Belas Artes da Coruña

http://museobelasartescoruna.xunta.gal

Rúa Zalaeta s/n
15002, A Coruña

Tlf. +34 881 881 700
Fax +34 881 881 701

mu.belas.artes.coruna@xunta.gal

Horario

Martes a venres de 10:00 a 20:00 h
Sábados de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 h
Domingos de 10:00 a 14:00 h
Luns e festivos: pechado

Tarifas

Entrada gratuíta