A visita
Como chegar
Pode chegar ao museo nas liñas de autobús urbano 4, 5, 6, 6A, 7 e 11 (parada na rúa Panadeiras).
Accesibilidade
As instalacións do museo están adaptadas para a circulación de persoas con mobilidade reducida. Conta con ascensor, ramplas e aseos adaptados.
Visitas guiadas
Para grupos escolares desde Educación Infantil (3 anos) a Bacharelato, en grupos de 50 persoas máximo.
Dispoñibles con solicitude previa durante o curso escolar, de martes a venres ás 10:00 e ás 11:30. Duración aproximada: 1 hora e 20 minutos.
Normas de acceso
É necesaria a reserva de prazas para actividades e visitas de grupos. Está admitida a entrada de cans guía. Está permitido fotografar e filmar para uso particular, sen trípode e sen flash.