Servizos
Tenda
Posibilidade de mercar libros e catálogos, obxectos de papelería e recordos.
Auditorio
Salón de actos con capacidade para 110 persoas.
Biblioteca
Biblioteca especializada adscrita á Rede de Bibliotecas de Galicia. A biblioteca posúe máis de 17.000 volumes e un importante número de publicacións periódicas nacionais e internacionais. As áreas temáticas que comprende son: historia da arte galega, española e universal, patrimonio cultural, restauración e conservación, lexislación cultural, museoloxía e outras temáticas afíns, con especial atención ás publicacións de arte galega.
Dispón de servizos de consulta en sala, información bibliográfica (presencial, telefónica ou por correo electrónico), préstamo interbibliotecario, reprografía e intercambio de publicacións con outras institucións afíns.
O acceso á biblioteca está aberto a investigadores, especialistas e público en xeral interesados na súa temática, con solicitude previa. Está atendida por persoal especializado, de luns a venres, con horario de atención ao público dende as 9:30 h. ata as 14:30 h.
Consulte o catálogo da biblioteca
Reproducións fotográficas
A obtención de imaxes de fondos do museo está dispoñible para fins académicos, de investigación, difusión e publicacións, baixo expresa autorización da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, mediante un formulario que se facilita no propio museo.
Outros servizos
- Audioguías
- Folletos en varios idiomas
- Gardarroupa
- Cambiador de bebés
- Cadeiras de rodas

Rúa Zalaeta s/n
15002, A Coruña
Tlf. +34 881 881 700
Fax +34 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.gal
Horario
Sábados de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 h
Domingos de 10:00 a 14:00 h
Luns e festivos: pechado