Ir o contido principal

Auditorio. Exposición iconográfica

Galego | Castellano | English

 

Denomínase así o salón situado no piso superior do edificio moderno anexo á casa principal. Antigamente, o derruído caserón de pedra que ocupaba o solar sería un teatro, segundo consta por referencias do derradeiro cuarto do século XIX.

Recordaré que hace algunos años tuve el honor de asistir como secretario del Ateneo a un banquete ofrecido al maestro al retorno de uno de sus triunfales viajes por América. En aquel acto tuve el gusto de proponer que a este hombre luchador y excelso le ofreciéramos rescatándolas unas piedras viejas y blasonadas que, en Galicia, recuerdan la nobleza de sus antepasados. Recibimos entonces la calurosa adhesión de muchas gentes, pero el tiempo ha transcurrido y cayó en el olvido la iniciativa. Hay que volver a ella. La obra de Valle señala la incorporación a la literatura castellana de la flexibilidad, el matiz, la jugosidad y la ironía galaicas. En su espíritu hay un espléndido fondo racial. En algún momento de su vida, aún en plenitud, ha pensado en concluir sus años en su país natal.

VICTORIANO GARCÍA MARTÍ

En honor de Valle-Inclán, 1935

 

O inmoble actual segue o proxecto de restauración da Torre de Bermúdez presentado polo técnico de patrimonio artístico Carlos Fernández Gago, arquitecto da Coruña, conselleiro da Comisión de Belas Artes da Consellería de Cultura, da Xunta de Galicia. Unha iniciativa adoptada ao abeiro do Real decreto 249/1976, de 9 de xaneiro, polo que se declara monumento histórico-artístico de carácter nacional, que, entre as súas cautelas, determina os usos, que «deben ser preservados de reformas e innovacións que podan menoscabar ou modificar o seu carácter».

Inaugurado o día 30 de abril de 1988 como salón de actos – Auditorio do Museo Valle-Inclán. Rehabilitado entre 2002 e 2003 co deseño, amoblamento e equipamento actuais, baixo tutela da Dirección Xeral de Patrimonio, para poñer en valor a parte nova do inmoble, como parte legal e funcional dun dos monumentos máis sobranceiros do Renacemento Galego.

Aquí exhíbese a exposición Valle-Inclán: Retratos, Caricaturas e Visións, parte dun total de 40 orixinais do reputado artista e comunicador ferrolán SIRO, Siro López. Legado altruísta do autor a este museo, a condición de que o concello da Pobra do Caramiñal, como administración que o xestiona, ao recibir esta doazón se compromete á súa custodia e debida conservación. Ademais da exhibición das obras instaladas con vocación de permanencia.

Esta serie resulta ser unha oportunidade única para ver como dialogan as artes e os artistas, o xenio clásico da literatura co mestre contemporáneo da figuración visual, creada a partir do corpo de imaxes codificadas no tempo de don Ramón. Cadros que recollen particularidades físicas, de indumentaria, e de carácter, que xa dende claves realistas ou xa oníricas son consubstanciais á personalidade valleinclaniana.

Trátase dunha das coleccións de iconografías máis completa existente arredor daquel a quen Castelao cualificara como «o mellor artista de Galicia».

 

 

Máis información

O museo

Os espazos do museo:

Torre de Bermúdez

Sala Arousa

Sala Bradomín

Sala Viana del Prior

Sala Max Estrella

Sala Valle-Inclán y su tiempo