Ir o contido principal

Sala Valle-Inclán y su tiempo

Galego | Castellano | English

 

Denomínase así a sala situada no baixo da casa principal anexa, por ser este un espazo que alberga a exposición permanente Valle-Inclán y su tiempo. Antigamente esta estancia sería destinada a usos funcionais, isto é, tenda con mostrador de comercio aberto á rúa, despacho e almacén, para aquelas actividades económicas dos primeiros inquilinos. Desde os anos finais do século XIX mesmo foi acubillo para embarcacións de pesca tradicional.

Valle-Inclán y su tiempo, co catedrático Juan Antonio Hormigón como comisario de contidos e Tomás Adrián como responsable de deseño gráfico, ofrece unha serie ampla de paneis e ilustracións, que informan dos principais feitos biográficos e literarios de don Ramón e os contextualiza. Mostra promovida polo Ministerio de Educación e Cultura, Instituto Nacional de la Artes Escénicas y de la Música – Museo Nacional del Teatro. Concibida como instrumento de presentación da cultura española no mundo co gallo de visitas institucionais, desde 1982, sería exhibida en itinerancia por países americanos e europeos. Legado do INAEM - Museo Nacional del Teatro (Almagro, Ciudad Real).

Un gallego extraordinario —mitad pueblo, mitad señorío—... Era gallego por su lengua, el estilo y el ritmo de su voz musical. Cierto que apenas escribió en nuestro idioma materno; pero su romance maravilloso es el resultado de traducir literalmente del gallego al castellano, de tomar giros y expresiones de nuestros trotamundos, de nuestros catadores de vidas ajenas, de nuestros avinagrados bachilleres, de nuestros hidalgos en ruinas, de nuestros borrachos de vino nuevo y de libros añejos, de nuestros mendigos de romería, de nuestras beatas piojosas, de nuestros goliardescos abades, de nuestros carabineros y contrabandistas, de nuestros viejos soldados y marineros, de nuestros pescadores y navegantes; en fin, de todo cuanto conserva color y sabor de vida gallega.

ALFONSO DANIEL CASTELAO, 1939

 

Observemos o mobiliario e obxectos reunidos:

Primeiramente. - En vitrinas, alternando a súa exhibición durante a anualidade, unha escolma de programas de estreas teatrais, ou de libros de don Ramón del Valle-Inclán traducidos a distintos idiomas, ou tamén, a colección de máscaras artesanais (ca. 1930), procedentes de Pontevedra.

Seguidamente.- Sobre pedestais, os modelos de monumentos promovidos polo concello da Pobra do Caramiñal, Muller traballadora (2001) e Emigrante (2007), esculturas de Gonzalo Sánchez Mendizábal; e tamén, o busto de Valle-Inclán (2004), de Fernando Castaño.

Non deixemos de ver a escolma de fotográficas clásicas de don Ramón na contigua SALA DE AUDIOVISUAL. Reproducidas da prensa gráfica contemporánea son obra de autores como Alfonso Sánchez Portela, Moreno ou Capua. Deste período é a cámara fotográfica fabricada en París por H. Martín (1890-1900), de fol e negativos en placa de cristal, que vemos a carón delas.

Nesta SALA DE AUDIOVISUAL proxéctanse filmes de época. De forma habitual: a cinta La Malcasada (1926), do director Francisco Gómez Hidalgo, con imaxes de Valle-Inclán no estudio do pintor Julio Romero de Torres, amigo seu, así como o documental Espagne. Les Morts vivants de Puebla del Caramiñal (1959), do noticiario francés Journal Actualité Gaumont, que reproduce imaxes da tradición ancestral dos ofrecidos ao Nazareno. Fondos de Filmoteca Española, Gaumont Pathé Archives e CGAI — Museo Valle-Inclán.

 

Máis información

O museo

Os espazos do museo:

Torre de Bermúdez

Sala Arousa

Sala Bradomín

Sala Viana del Prior

Sala Max Estrella

Auditorio. Exposición iconográfica