Casa Museo Valle Inclán

O museo

O museo está situado na Torre de Bermúdez (S. XVI), declarada Monumento Histórico Artístico en 1976 e vinculada á familia de Valle-Inclán, xa que pertenceu aos seus avós. O museo, de iniciativa municipal, foi creado en 1986 co obxectivo de conservar e difundir testemuñas da obra e da vida do escritor.

Ramón María do Valle-Inclán (1866 - 1936) é un dos escritores galegos máis representativos da literatura en lingua castelá, caracterizado pola súa vocación innovadora, o resentimento social e a técnica esperpéntica, e a eterna memoria do mundo rural de Galicia. No museo achéganse datos da vida do escritor e da súa producción artística, así como referencias á época na que viviu e a personalidades coas que compartiu inquietudes e oficio.

No museo atópanse primeiras e raras edicións de libros do autor, manuscritos orixinais, fotografías de época, obxectos de belas artes (escultura, pintura, caricatura), vestiario, escenografías e cartelería teatral. Ademais, conta cunha sala para exposicións temporais e un auditorio no que se organizan distintas actividades culturais ao longo do ano.

Galería