Ir o contido principal

Inscrición previa

Programación especial

Programación especial Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

11:00 h.
CONVIVIOS COA COMUNIDADE: “O FUTURO DOS MUSEOS: RECUPERAR E REIMAXINAR”.
Participan:
- Asociación Mulleres e Palabras.
- Eva Casais (ilustradora).
Actividade exterior,
polo tanto suxeita á climatoloxía.

11:30 h.
“O PAPEL SOCIAL DO MUSEO A TRAVÉS DAS SÚAS EXPOSICIÓNS E ACTIVIDADES”:
visita especial guiada a dúas das actuais exposicións temporais

A memoria reimaxinada

A memoria reimaxinada Actuación de Quico Cadaval

Este ano, a celebración anual do Día Internacional dos Museos ten por lema “O futuro dos museos: Recuperar e reimaxinar”.

Con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos 2021, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense súmase á celebración ao través de varias propostas. Entre elas a actuación de Quico Cadaval "A memoria reimaxinada".

Será no Liceo de Ourense, no Salón Nobre. A capacidade está limitada a 50 persoas, con entrada libre ata completar as prazas.

Tamén será retransmitida vía streaming, na páxina web do museo.

Imaxina o teu museo

Imaxina o teu museo Proposta para os centros escolares co gallo da celebración do Día Internacional dos Museos

Este ano, a celebración anual do Día Internacional dos Museos ten por lema “O futuro dos museos: Recuperar e reimaxinar”.

Con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos 2021, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense súmase á celebración ao través de varias propostas. Entre elas quere convidar aos centros escolares da provincia a participar no proxecto “Imaxina o teu Museo”, co fin de establecer a vinculación entre os centros e a futura sede.

Manuela é unha inuit. Política postcovid

Manuela é unha inuit. Política postcovid Celebración do Día Internacional dos Museos

Este ano, a celebración anual do Día Internacional dos Museos ten por lema “O futuro dos museos: Recuperar e reimaxinar”. O Museo de Belas Artes da Coruña súmase á celebración ao través de varias propostas. Entre elas esta peza teatral inspirada na obra de Luís Seoane, “Emigrante”, onde a galega Manuela Rodríguez, perdida na estación de tren de Xenebra, busca ao seu fillo.

Señor López Producións

Pases ás 19:00 e 20:00 h no salón de actos do museo.

Reserva previa de praza

Outras actividades ao longo da semana serán:

Charlas explicativas da exposición Vestir épocas 1860-1960

Charlas explicativas da exposición Vestir épocas 1860-1960 Retómanse as charlas sobre a exposición actual no Museo de Belas Artes

Charlas explicativas sobre a exposición 'Vestir Épocas'
Sábados ás 18:00h con inscripción previa.

Debido ás medidas adoptadas polo Covid-19 e para garantir a seguridade dos visitantes, realizaranse no salón de actos estas introduccións ao contido da exposición, co fin de facilitar a comprensión do que despois será a visita de xeito individual.

Só se concederán dúas prazas por solicitude, e as persoas interesadas deberán recibir a confirmación por escrito, incluíndo o número de asento asignado.

Visitas en liña á exposición ‘VESTIR ÉPOCAS 1860-1960’

Visitas en liña á exposición ‘VESTIR ÉPOCAS 1860-1960’ Adaptación das visitas escolares de xeito virtual

Dentro da necesidade de adaptación aos novos usos obrigados polas cautelas sanitarias, o Museo de Belas Artes da Coruña ofrece visitas en liña dirixidas ao alumnado de 4º ESO e Bacharelato para achegarlles a historia da moda a través da exposición “Vestir épocas 1860-1960”. A oitava arte entra no Museo para mostrar as modas e os modos de vestir da sociedade a través da colección Ana González-Moro.

CURSO OS TEMAS DA ARTE

CURSO OS TEMAS DA ARTE PAISAXE E IDENTIDADE NA COLECCIÓN DO MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA

O Museo de Belas Artes da Coruña atesoura na súa colección obras de artistas recoñecidos que elaboraron ou elaboran as súas expresións figurativas en torno á paisaxe e ao seu tratamento como tema principal, integrando descricións xeográficas e humanas realistas ou imaxinadas, e achegando a figuración a unha lectura de proximidade e de sensibilidade. Nas súas épocas e estilos, achégannos aos nosos territorios de pertenza e asómannos a outros descoñecidos que nos abren as portas a numerosas viaxes afectivas e intelectuais.

Charlas explicativas da exposición Vestir épocas 1860-1960

Charlas explicativas da exposición Vestir épocas 1860-1960

Charlas explicativas sobre a exposición 'Vestir Épocas'
Todos os xoves e venres ás 18:00h con inscripción previa.

Debido ás medidas adoptadas polo Covid-19 e para garantir a seguridade dos visitantes, realizaranse no salón de actos estas introduccións ao contido da exposición, co fin de facilitar a comprensión do que despois será a visita de xeito individual.

Só se concederán dúas prazas por solicitude, e as persoas interesadas deberán recibir a confirmación por escrito, incluíndo o número de asento asignado.

Subscribirse a Inscrición previa