Ir o contido principal

19 de maio - 19:00h Manuela é unha inuit. Política postcovid Celebración do Día Internacional dos Museos

Este ano, a celebración anual do Día Internacional dos Museos ten por lema “O futuro dos museos: Recuperar e reimaxinar”. O Museo de Belas Artes da Coruña súmase á celebración ao través de varias propostas. Entre elas esta peza teatral inspirada na obra de Luís Seoane, “Emigrante”, onde a galega Manuela Rodríguez, perdida na estación de tren de Xenebra, busca ao seu fillo.

Señor López Producións

Pases ás 19:00 e 20:00 h no salón de actos do museo.

Reserva previa de praza

 

Outras actividades ao longo da semana serán:

15 de maio. Sábado. 11:30-13:00 h. Obradoiros en familia

15 de maio. Sábado. 12:00 h, 18:00 e 20:00 h. Visitas guiadas á colección

15 de maio. Sábado. 21:30 h. Concerto de fusión flamenco jazz: Paul Álvarez Project. O concerto será retransmitido en directo en streaming dende o facebook do museo

18 de maio. Martes. 18:00-19:00 h. Visitas guiadas á colección

19 de maio. Mércores. 18:00 h. Presentación do proxecto “Audioguías emocionais”.