Ir o contido principal

18 de maio - 20:30h A memoria reimaxinada Actuación de Quico Cadaval

Este ano, a celebración anual do Día Internacional dos Museos ten por lema “O futuro dos museos: Recuperar e reimaxinar”.

Con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos 2021, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense súmase á celebración ao través de varias propostas. Entre elas a actuación de Quico Cadaval "A memoria reimaxinada".

Será no Liceo de Ourense, no Salón Nobre. A capacidade está limitada a 50 persoas, con entrada libre ata completar as prazas.

Tamén será retransmitida vía streaming, na páxina web do museo.