Ir o contido principal

Inscrición previa

Lecturas no tempo

Lecturas no tempo Obradoiro infantil

Obradoiro co que nos achegaremos a un invento que sen dúbida revolucionou a historia dos libros: a imprenta. Aprenderemos sobre ela a través dalgunhas pezas do museo e experimentaremos fabricando os nosos propios tipos.

Data: Venres 22 de abril de 2022

Hora: 17:30 a 18:30

Idade: 6 a 11 anos

Os temas da arte. España, artes visuais (1941 – 1975)

Os temas da arte. España, artes visuais (1941 – 1975) Nova edición do curso anual sobre diferentes achegas á historia da Arte

O curso, de carácter anual pretende achegarse a un colectivo adulto non especializado que busque aspectos diferentes na Historia da Arte, dentro das actividades de primavera programadas polo museo para unha maior difusión das súas coleccións. O ciclo “Os temas da arte” nesta ocasión dedicarase a “España, artes visuais (1941-1975)".

Visores de marabillas

Visores de marabillas Obradoiro infantil

Obradoiro no que nos achegaremos ao funcionamento das imaxes e cine en 3D, descubrindo as súas orixes a través de pezas do museo e mesmo construíndo os nosos propios visores de imaxes tridimensionais.

Data: Venres 25 de marzo de 2022

Hora: 17:30 a 18:30

Idade: 6 a 11 anos

Presentación pública Cristina de Middel e Bandia Ribeira

Presentación pública Cristina de Middel e Bandia Ribeira As fotógrafas Cristina de Middel e Bandia Ribeira falan sobre os seus proxectos no marco da exposición "Percorrer o tempo" en Vigo

O venres 18 de marzo, no marco do proxecto expositivo da Xunta de Galicia/Xacobeo 21-22, “Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño”, desenvolverase no Museo do Mar a presentación pública das fotógrafas Cristina de Middel e Bandia Ribeira.

Obradoiro fotográfico

Obradoiro fotográfico As fotógrafas Cristina de Middel e Bandia Ribeira protagonizan os talleres da mostra "Percorrer o tempo" en Vigo

No marco do proxecto expositivo da Xunta de Galicia/Xacobeo 21-22, “Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño”, as fotógrafas Cristina de Middel e Bandia Ribeira, protagonizarán os talleres desta exposición, que a Xunta de Galicia levará a Vigo a vindeira semana.

O Courel dos tesos cumes

O Courel dos tesos cumes V Xornada de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense

Desde o 3 de marzo, queda aberto o prazo de inscrición para a V Xornada de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense que nesta ocasión, baixo o lema " O Courel dos tesos cumes. Arqueoloxía e territorio" se dedica a coñecer o inmenso patrimonio material e inmaterial desta comarca lucense.

Visitas comentadas

Visitas comentadas Arribada 2022

Esta fin de semana,nos días 4, 5 e 6 celebramos a Festa da Arribada 2022, que volve logo da pandemia.

A Casa da Navegación participa no evento con visitas comentadas nos días 4 ao 6, para grupos de mínimo 8 persoas, ás 11:00 e ás 18:00 cada día. É necesario inscribirse previamente no teléfono 986 356688 ou no enderezo electrónico: casa.navegacion@baiona.gal

Vestirse de época ten premio: as persoas que nos visiten vestindo atuendo de época, terán entrada de balde.

Heroínas e heroes,... os de onte, as de hoxe

Heroínas e heroes,... os de onte, as de hoxe X CONCURSO DE RELATOS MUSEO LISTE – ETNOGRÁFICO DE VIGO 2022

X CONCURSO DE RELATOS

MUSEO LISTE – ETNOGRÁFICO DE VIGO

2022

Este ano propoñémosvos o terna: "Heroínas e heroes,... os de onte, as de hoxe" Podedes enviar os vosos relatos ata o 26 de abril.

Haberá premios para os gañadores! Agardamos a vosa participación

Xuntamos bases da convocatoria tamén dispoñibles no enlace ao blog: https://museoliste.org/blog

 

Subscribirse a Inscrición previa