Ir o contido principal

Inscrición previa

Visitas guiadas á exposición do pintor Alejandro González Pascual

Visitas guiadas á exposición do pintor Alejandro González Pascual Visitas guiadas á exposición

Se queres coñecer mellor a vida e obra do pintor Alejandro González Pascual podes asistir ás visitas guiadas á exposición dos venres e sábados ás 18:30h. Só tes que reservar praza no correo mu.belas.artes.coruna@xunta.gal



Tamén facemos visitas para grupos organizados de martes a venres no horario do museo, previa reserva no mesmo correo electrónico.



 

Xornada sobre as alternativas ao uso do petróleo en aplicacións agrícolas

Xornada sobre as alternativas ao uso do petróleo en aplicacións agrícolas

O día 22 de decembro terá lugar unha xornada na que se aboradará desde MUVICLA (Colección Museográfica Viva e Integrada do Campo e a Locomoción Agraria) o futuro do uso da enerxía que moverá a producción de alimentos no futuro. 

Aforo limitado debido á situación sanitaria.

Daremos acceso por zoom, e pasados uns días poderase ver por youtube. 

https://muvicla

Nadal en papel

Nadal en papel Programación de nadal

Obradoiros nos que a rapazada poderá facer os seus propios adornos de Nadal empregando técnicas como a papiroflexia. Dirixido a nenas e nenos de 7 a 12 anos. 17 de decembro ás 17:30 e 22 de decembro ás 12:00.

As actividades son totalmente gratuítas pero requiren inscrición previa a través do formulario online que se pode atopar na web do museo: https://mupega.edu.xunta.gal/visitas-e-actividades/actividades-e-obradoiros

Con ollos de científic@

Con ollos de científic@ celebración do Mes da Ciencia

Este novembro o MUPEGA súmase á celebración do Mes da Ciencia retomando as actividades infantís.

Así, con motivo de dita celebración, o venres 19 de novembro de 17:30 a 18:30 realizarase o obradoiro “Con ollos de científic@” dirixido a nenos e nenas de 6 a 11 anos. Nesta actividade os rapaces e rapazas poderán descubrir, mediante a experimentación e a construción de pequenos xoguetes ó pticos, como funciona unha das pezas expostas no MUPEGA: o proxector cinematográfico.

XORNADAS Museos e Novas Tecnoloxías

XORNADAS Museos e Novas Tecnoloxías Xuntanzas para público interesado na transformación dixital e as novas tecnoloxías ao servizo do museo

Organizado polo Museo de Belas Artes da Coruña, e durante os días 24 e 25 de novembro de 2021, buscarase levar a cabo unha análise integral da implementación das novas tecnoloxías nos museos, desde dúas perspectivas principais:

MUPEDUCA

MUPEDUCA Plan de colaboración entre os centros educativos e o museo

Mupeduca é un plan de colaboración entre os centros educativos e o museo para traballar xuntos na creación de proxectos, actividades e experiencias partindo do amplo patrimonio educativo que alberga o Mupega. Fixestes un proxecto de investigación sobre calquera tema relacionado co noso museo e precisades de colaboración, información, difusión...? Plantexádenos a vosa idea, e colaboraremos para levala a cabo.

MUPEDUCA

Subscribirse a Inscrición previa