Ir o contido principal

25 de marzo - 09:30h O Courel dos tesos cumes V Xornada de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense

Desde o 3 de marzo, queda aberto o prazo de inscrición para a V Xornada de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense que nesta ocasión, baixo o lema " O Courel dos tesos cumes. Arqueoloxía e territorio" se dedica a coñecer o inmenso patrimonio material e inmaterial desta comarca lucense. Interviron no acto de presentación Maite Ferreiro, vicepresidenta da Deputación de Lugo; Encarna Lago, xerente da Rede Museística; Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo e o arqueólogo Iván Álvarez Merayo, xunto cos demais membros do comité organizador e secretaría técnica.

Lugar: Salón de Actos da Deputación de Lugo

Prazas: en función do aforo e das medidas sanitarias e inscrición previa gratuíta por rigorosa orde de entrada.

Modalidades: presencial e en liña

Enviarase diploma acreditativo de asistencia á xornada (8 horas lectivas). Para obter o diploma é preciso asistir ao 75 % das sesións.

Organización: Museo Provincial de Lugo

Dirección e Coordinación: Aurelia Balseiro García (direccion@museolugo.org), Iván Álvarez Merayo.

Comité organizador: Encarna Lago, Aurelia Balseiro, Enrique Alcorta, M.ª Ofelia Carnero.

Secretaría técnica: Enrique Alcorta e M.ª Ofelia Carnero (Dpto. de Arqueoloxía do MPL).

Colaboracións: UDC. Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo, Museo Xeolóxico Municipal de Quiroga, Fundación Uxío Novoneyra.