Ir o contido principal

Inscrición previa

Visitas contadas

Visitas contadas Outro xeito de coñecer o Museo para conmemorar o Día Internacional dos Museos

Neste ano, a celebración anual do Día Internacional dos Museos ten por lema “O poder dos museos”. O Museo das Peregrinacións e de Santiago súmase á celebración ao través de varias propostas, entre elas, as Visitas Contadas.

Actividade que mestura un percorrido guiado polo museo coa tradición dos contacontos. O público terá a ocasión de coñecer as pezas expostas e gozar con lendas, anécdotas e curiosidades relativas ao Camiño de Santiago e á propia historia da cidade.

Nas nosas mans

Nas nosas mans Obradoiros para toda a familia para conmemorar o Día Internacional dos Museos

Este ano, a celebración anual do Día Internacional dos Museos ten por lema “O poder dos museos” e quere facer fincapé no poder transformador que os museos teñen na sociedade como lugares que poden abrir as nosas mentes a novas ideas e a futuros posibles.

Visitas musicadas: Proxecto Pesquedellas

Visitas musicadas: Proxecto Pesquedellas Un xeito diferente de visitar o museo para conmemorar o Día Internacional dos Museos

Neste ano, a celebración anual do Día Internacional dos Museos ten por lema “O poder dos museos”. O Museo de Belas Artes da Coruña súmase á celebración ao través de varias propostas, entre elas, o Proxecto Pesquedellas. Trátase dun grupo de rapazas que teñen en común o interese pola investigación no folclore. Desde a súa creación adicanse a difundir a música galega de tradición oral, co obxectivo de facela chegar á xuventude.

Obradoiro de fotografía

Obradoiro de fotografía Sobre a exposición itinerante “Percorrer o tempo”.

Este obradoiro, no auditorio do Museo das Peregrinacións e de Santiago, forma parte da programación cultural paralela á mostra itinerante “Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño” organizada pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación “la Caixa” que poderá ser visitada dende o 20 de maio na Cidade da Cultura.

Impartido polas fotógrafas Olivia Arthur e Carla Andrade, participantes na exposición itinerante, trátase dun obradoiro para as persoas interesadas na práctica fotográfica.

Visitas musicadas: Proxecto Pesquedellas

Visitas musicadas: Proxecto Pesquedellas Un xeito diferente de visitar o museo para conmemorar o Día Internacional dos Museos

Neste ano, a celebración anual do Día Internacional dos Museos ten por lema “O poder dos museos”. O Museo de Belas Artes da Coruña súmase á celebración ao través de varias propostas, entre elas, o Proxecto Pesquedellas. Trátase dun grupo de rapazas que teñen en común o interese pola investigación no folclore. Desde a súa creación adicanse a difundir a música galega de tradición oral, co obxectivo de facela chegar á xuventude.

Conferencia sobre a exposición “Percorrer o tempo”

Conferencia sobre a exposición “Percorrer o tempo” Presentación pública desta exposición itinerante na súa chegada a Santiago

A conferencia é a presentación pública da exposición itinerantePercorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiñoque recolle traballos elaborados por un grupo de profesionais da fotografía. Esta mostra itinerante, organizada pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación “la Caixa”, poderá ser visitada dende o 20 de maio na Cidade da Cultura.

Nas nosas mans

Nas nosas mans Obradoiros para toda a familia para conmemorar o Día Internacional dos Museos

Este ano, a celebración anual do Día Internacional dos Museos ten por lema “O poder dos museos” e quere facer fincapé no poder transformador que os museos teñen na sociedade como lugares que poden abrir as nosas mentes a novas ideas e a futuros posibles.

O sal do mar

O sal do mar Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Obradoiro didáctico “O sal do mar”. Para todos os públicos, menores de 6 anos acompañados

Inscrición gratuíta: 886 151 101

Subscribirse a Inscrición previa